Xavier Alcalá presentará na Biblioteca de Estudos Locais o libro de receitas galegas "A carón do lume", de Mónica Prego, editado por Galaxia.
Todos os públicos
Para público en general
19/12/2024
Ya ha finalizado
Entrada libre ata completar a capacidade
Das 19.00 ás 20.00 horas
Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Calle Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña
981 184 386
A carón do lume ofrece un monllo de receitas galegas, humildes e tradicionais, que pretende espertar un recordo, transmitir o sentir e a historia que vai de par de cada unha delas; esas receitas que as avoas facían a carón da lareira, o centro das casas.
Este é un regalo da autora para fillos e netos, para que no futuro poidan coñecer e entender algo máis daquel xeito de vida.
Mónica Prego naceu en Mercurín (Ordes) en 1975, onde pasou a súa infancia coa súa nai, avós e bisavós.
Tras graduarse en Ciencias Económicas, traballou no estranxeiro durante varios anos e, ao regresar, e seguindo a súa paixón pola cociña, comezou a compartir receitas e contidos culinarios no seu blogPandebroa, que compaxinaba co seu traballo. Cos anos, e tras un máster en márketing dixital, a divulgación de contidos culinarios acabou sendo a súa profesión.
O seu amor pola terra, os nosos costumes e tradicións, impulsárona a querer recuperar, conservar e transmitir moitas receitas tal e como as facía a súa avoa, como as viviu e da maneira máis tradicional e auténtica que sexa posible.
Podes seguila en redes en: @pandebroa.by.monikaprego
Xavier Alcalá (Miguelturra, Ciudad Real, 1947) naceu en terras manchegas, pero criouse en Ferrol.
Autor de moi ampla traxectoria, ao longo de máis de corenta anos dedicados á escrita publicou algúns títulos que se consideran clásicos modernos da literatura galega, como A nosa cinza (1980), que marcou a toda unha xeración de persoas lectoras en Galicia.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible