O Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña abre o prazo para inscribirse ás probas de acceso para o curso 2026-2027 para o nivel de iniciación e os graos elemental e profesional.
Para público en xeral
Pódense realizar preinscricións ata o día anterior á proba para a que se fai a solicitude.
Iniciación:
Curso preparatorio que sirve de introdución á danza por medio de xogos onde se traballa a coordinación e a musicalidade. A idade mínima para acceder son 7 anos.
Grao Elemental:
Organízase en 4 cursos académicos. Para acceder é imprescindible superar unha proba específica de acceso. A idade mínima para acceder son 8 anos.
Grao profesional:
Organízase en 6 cursos académicos.
Para acceder ao 1º curso hai que superar unha proba específica de acceso.
Poderá accederse a calquera outro curso sen ter cursado os anteriores sempre que, a través dunha proba, a persoa aspirante demostre posuir os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes.
Conservatorio Profesional de Danza
Casa Martelo. R/ Franxa, 14. 15001- A Coruña
tel.: 981 14 15 81
e-correo: conservatorio.danza@dacoruna.gal
Horario: de 16.00 -21.00 h.
DATAS REALIZACIÓN
PREINSCRICIÓN:
A preinscrición poderá realizarse ata o día anterior á proba para a que se fai a solicitude.
Preinscrición telefónica: 981 415 181 (de 16:00 a 21:00h)
Preinscrición telemática remitindo ao enderezo de correo electrónico conservatorio.danza@dacoruna.gal solicitude coa seguinte información:

07/05/2026

09/05/2026

12/05/2026

Dende o 11/05/2026 ata o 13/05/2026

22/05/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible