Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Agenda | Evento

Opciones

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
Es necesario que proporcione su ubicación actual para usar esta opción

Programa de Lecer do Ágora Primavera 2023

Arte, literatura, cine, fotografía, novas tecnoloxias, cociña, memoria, creatividade…

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

Desde el 09/01/2023 hasta el 25/01/2023

● Pagamento dos OBRADOIROS DE CONTINUIDADE: 9 (a partir das 9.00 h),10 e 11 (ata ás 20.00 h) de xaneiro.

Ya ha finalizado

Inscripciones:

Desde el 09/01/2023

Dirección:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Documentos:

PROGRAMA-AGORA-2023-PRIMAVERA-1.pdf (1 MB)

CONDICIÓNS PARA PARTICIPAR NOS OBRADOIROS DO PROGRAMA DE LECER, CALENDARIO DE INSCRICIÓN E PAGAMENTO

● Pagamento dos OBRADOIROS DE CONTINUIDADE: 9 (a partir das 9.00 h), 10 e 11 (ata ás 20.00 h) de xaneiro.

NOVOS OBRADOIROS E NOVAS PERSOAS

Preinscrición: 9 (a partir das 9.00 h), 10 e 11 (ata ás 20.00 h) de xaneiro.Todas as inscricións que teñan data de envío anterior ou posterior aos días e horas indicados non serán tramitadas.

● Publicación das listaxes de preinscrición: o 12 de xaneiro, ás 12.00 h, na páxina web municipal (/www.coruna.gal), na de Cultura (www.coruna.gal/cultura) e no servizo telefónico 010.

● Prazo de reclamacións sobre as listaxes de preinscrición: 12 e 13 de xaneiro, a través do correo electrónico a forumagora@serviplus.org ou do teléfono 604 870 570.

● Sorteo público: o luns 16 de xaneiro, ás 10.00 h, na conserxería do Ágora.

● Publicación das listaxes de prazas adxudicadas e das listaxes de agarda: o xoves 19 de xaneiro ás 9.00 h, na páxina web municipal e na de Cultura e no servizo telefónico 010.

● Pagamento da cota: os días 19, 20 e 21 de xaneiro.

● Adxudicación das prazas vacantes nos obradoiros sen listaxe de agarda: a partir do luns 23 de xaneiro volverá abrirse o formulario de inscrición na web para o público en xeral, e farase o aboamento do mesmo xeito que o resto, ata o 30 de xaneiro.

● Adxudicación de prazas nos obradoiros con listaxes de agarda: contactaremos telefonicamente coas persoas das listaxes de agarda para confirmar que continúan interesadas en inscribirse nos obradoiros que solicitaran. Nunha primeira volta: o día 23 de xaneiro; e a segunda volta: o día 25 de xaneiro.

Realizaranse tres intentos de contacto telefónico a diferentes horas do mesmo día. De non se conseguir a comunicación, pasarase á seguinte persoa da listaxe de agarda.

● Pagamento das prazas adxudicadas das listaxes de agrada: as da 1.ª volta, o 23 ou o 24 de xaneiro; e as da 2.ª volta, o 25 ou o 26 de xaneiro.

● Adxudicación das prazas vacantes: a partir do venres 27 de xaneiro abrirse o formulario de inscrición na web para o público en xeral, e farase o aboamento do mesmo xeito que o resto, ata o 30 de xaneiro.

MODO DE PREINSCRICIÓN:

1.ª opción: farase de forma telemática, a través da páxina web www.coruna.gal/cultura .

2.ª opción: facilitarase axuda telefónica (de 9.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h) para aquelas persoas que non teñan correo electrónico ou dificultades de acceso a Internet, a través do teléfono 604 870 570.

● Poderá inscribirse nun máximo de dous obradoiros. Hai que ter en conta que na adxudicación se respectará a orde de preferencia fixada pola persoa solicitante, e esta non poderá ser modificada unha vez que se realice o sorteo.

● Unha vez que se realice a inscrición recibirá no seu correo electrónico a resposta con todos os datos que apuntou. Comprobe que son correctos e garde a copia como xustificante.

● No caso de non dispoñer de correo electrónico, poderá consultar os seus datos nas listaxes de preinscrición na páxina web e no Ágora, o 12 de xaneiro.

● Nestas mesmas listaxes poderá coñecer o número designado para o sorteo público.

ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS: unha vez realizado o sorteo público, as listaxes das persoas admitidas e as listaxes de agarda publicaranse o luns 19 de xaneiro ás 9.00 h, na páxina web municipal, na de Cultura e no servizo telefónico 010.

Nelas figurarán o número de inscrición, o num. do DNI/NIE da persoa solicitante así como o/os obradoiro/s adxudicado/s.

As prazas de cada obradoiro adxudicaranse a partir do número de inscrición que saia no sorteo público.

Adxudicaranse un máximo de dous obradoiros por persoa. En todo caso, tratarase de concederlles a todas as persoas solicitantes cando menos un obradoiro, antes de conceder un segundo obradoiro.

Para adxudicar as prazas vacantes e as non aboadas, terán preferencia as persoas das listaxes de agarda que non obtivesen ningunha praza, sempre respectando a orde de numeración do sorteo.

COTA DE INSCRICIÓN PRIMAVERA 2023: 40 € por obradoiro para as persoas menores de 65 anos. 28 € por obradoiro para as persoas maiores de 65 anos, cumpridos antes do inicio dos obradoiros.

PAGAMENTO DA COTA: do 19 ao 21 de xaneiro (os tres días incluídos).

1.ª opción: a cota correspondente aboarase mediante transferencia á conta núm. ES76 2080 0036 6230 4002 1977. Enviarase o comprobante por correo electrónico a forumagora@serviplus.org ou depositarase nas conserxerías unha copia da transferencia bancaria en papel, xunto co núm. do DNI/NIE, o nome da persoa participante, o centro (Ágora ou Fórum) e o/os obradoiro/s aboado/s.

2.ª opción: as persoas que teñan dificultades en realizar a transferencia "en liña" ou non dispoñan de correo electrónico, poderán realizar o pagamento da cota mediante tarxeta de crédito (ou efectivo), presencialmente no ÁGORA ou no FÓRUM, de 16.00 a 20.00 h os días 9 e 10 de xaneiro, para os prazas de CONTINUIDADE e os días 19 e 20 de xaneiro, para os NOVOS OBRADOIROS.

No caso de non se realizar o pagamento nos ditos prazos a praza quedará vacante, e serán chamadas as persoas solicitantes da listaxe de agarda para cubrila. Se unha vez aboada a cota non fose posible realizar o obradoiro, só se devolverá o seu importe se outra persoa solicitante ocupa a praza, coa data límite do venres 10 de febreiro.

INICIO E REMATE DOS OBRADOIROS: comezarán a partir do luns 30 de xaneiro e rematarán o sábado 27 de maio, no día e hora que lle corresponda a cada obradoiro. Os obradoiros só se porán en marcha cun mínimo de 12 participantes.

FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN PROGRAMA DE LECER CENTRO ÁGORA 2023

Documentos relacionados

  • Números adxudicados para o sorteo do Ágora (90 KB)
  • CENTRO ÁGORA Resultado do sorteo primavera 2023 (136 KB)

También puede interesarte...

Agenda

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión