Festival de música contemporánea 2020
Para público en general
Desde el 01/07/2020 hasta el 31/07/2020
Ya ha finalizado
20:30 h
Fundación Luis Seoane. Calle San Francisco 27. 15001 A Coruña
40 personas por concierto
Resis, o festival de música contemporánea da Coruña abre as súas portas nunha nova edición, a terceira, que achegará unha vez máis ao público o traballo de destacados artistas e intérpretes do repertorio musical contemporáneo. Este ano, o festival desenvolverá por vez primeira a totalidade da súa programación na sede Fundación Luis Seoane, e dará comezo o mércores 1 de xuño, ás 20:30 horas, cun concerto a cargo de Marc Vilanova. Baixo o título de Aresta, o artista e saxofonista barcelonés presentará unha instalación sonora escultórica e performativa que estará aberta ao público ata o vindeiro 31 de xullo na sala principal de exposicións do primeiro andar da Fundación.
O sábado 4 de xullo, ás 20:30 horas, o percusionista Noè Rodrigo ofrecerá o concerto Il legno e la parola, no que interpretará pezas de Javier Álvarez, Salvatore Sciarrino, Edison Denissow e Iannis Xenakis. Posteriormente, o sábado 18 de xullo, á mesma hora, terá lugar o concerto Sofferte... lontano de Vertixe Sonora Ensemble, que incluirá obras dos compositores Elena Rykova, Kaija Saariaho, Toshio Hosokawa e Víctor Ibarra. A clausura do festival estará a cargo este ano da pianista madrileña Magdalena Cerezo, que fará un percorrido polo repertorio pianístico europeo das últimas décadas interpretando pezas de Michael Finnisy, Georg Kröll, Betsy Jolas e Anna Thorvaldsdóttir.
A capacidade do festival está limitada a 40 persoas por concerto. Para asistir, é imprescindible recoller previamente as entradas, dispoñibles a partir do mércores 24 de xuño na recepción da Fundación Luis Seoane, ata un máximo de dúas entradas por persoa.
Toda a información acerca da terceira edición de Resis e dos intérpretes pode consultarse a través da páxina web do festival: resisfestival.com
Actividades relacionadas
10/05/2024
10/05/2024
Dende o venres 3 luns 6 de maio, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.
De sobraren invitacións, estarán ao dispor do público o mesmo día do concerto (10 de maio) a partir das 20.00 h na Conserxería do Centro Ágora.
11/05/2024
12/05/2024
13/05/2024
19/05/2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible