Concello da Coruña

Concello da Coruña

Axenda | Evento

Opcións

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
É necesario que proporcione a súa localización actual para usar esta opción

Sen Numerar Primavera 2023: "Si esto es un hombre", de Cámara Negra

Finalista aos XXV Premios MAX 2022 na categoría de Mellor Actor e número 2 do Ránking da Crítica de Madrid de setembro de 2021

A quen vai dirixido:

Xuvenil, Para público en xeral

Cando:

02/06/2023

Xa rematou

Horario:

21.00 h 

Duración:

85 min

Enderezo:

Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

ENTRADA: 9,00 €; descontos (carné Xove, maiores de 65 e persoas desempregadas): 7,00 € 

Requisitos:

Cousas que debes saber antes de virnos ver:

- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.

- Todas as persoas que accedan ao auditorio do Fórum deben facelo con entrada.

- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida.

- Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.

- Polas súas especiais características, algún dos espectáculos pode ter capacidade reducida.

E DESPOIS DO ESPECTÁCULO

Se che gustou, compárteo nas redes sociais ou deixándonos un comentario no noso correo forum@coruna.es

Organiza:

IMCE

Contacto:

forum@coruna.gal

Unha viaxe cara ao lado máis escuro do ser humano e do noso mundo contemporáneo. No 75.º aniversario da publicación do libro homónimo de Primo Levi é aínda máis necesario para afrontar o crecemento do fascismo.

En 1944, deportaron a Primo Levi a Auschwitz. Tiña 24 anos.

Durante a súa estadía no campo, empezou a escribir Si esto es un hombre, o relato dos dez meses que estivo prisioneiro.

En 2020 (75 anos despois da liberación de Auschwitz), un actor entra nun escenario e enfróntase ao reto de revivir a experiencia de Levi, para intentar así comprender (se é que é posible) que foi Auschwitz e que supón para nós, espectadores/as do século XXI, que existise ese lugar en plena Europa de mediados do século pasado.

Intérprete: Carlos Álvarez-Ossorio

Autoría: Primo Levi

Dirección e adaptación: Carlos Álvarez-Ossorio

Dramaturxia e asesoría de actuación: Juan José Villanueva

Asesoría de alemán e de corpo: Alfonso Hierro-Delgado

Escenografía e vestiario: Cámara Negra

Música: Cámara Negra

Iluminación: Violeta Martínez Rivera

Idioma: castelán

VENDA DE BILLETES

  • www.ataquilla.com
  • Despacho de billetes da praza de Ourense (agás festivos): de luns a venres das 11.00 ás 15.00 h e das 16.30 ás 19.30 h.
  • Despacho de billetes do Fórum: dende unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

Tamén che pode interesar...

Axenda

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión