Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Agenda | Evento

Opciones

Qué?
Cuándo?
Dónde?
Distancia (metros)
Es necesario que proporcione su ubicación actual para usar esta opción

"SUSPENSIÓN", de Compañía Nuevenuno

En escena cinco homes. Catro deles son intérpretes, malabaristas, manipuladores de obxectos que no seu movemento fan flotar pelotas, imantan mazas e lanzan coitelos. Un quinto mimetízase na mecánica lumínica, un metatécnico, o manipulador da luz, que carga con lámpadas, ilumina a escena, proxecta imaxes e convida o público a acompañalo na iluminación do show mediante lanternas.

¿A quién va dirigido?:

Para público xuvenil e adulto

A quién va dirigido:

Para público en general

Cuándo:

12/11/2022

Ya ha finalizado

Horario:

20:00h 

Duración:

60 min

Dirección:

Auditorio del Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Precio:

ENTRADA: 9,00€ (persoas desempregadas, carné xove e +65 anos: 7,00 €) e abono 3: 21,00 €.

Requisitos:

Cousas que debes saber antes de virnos ver:

- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.

- Todas as persoas que accedan ao auditorio do Ágora deben facelo con entrada.

- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida.

- Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.

E DESPOIS DO ESPECTÁCULO

Se che gustou, compárteo nas redes sociais ou déixanos un comentario no noso correo

Organiza:

IMCE

Documentos:

TRIPTICO-ILUSIOOOH!N-2022.pdf (1 MB)

Chamámoslle "suspensión" ao momento preciso no que unha pelota lanzada en liña recta cara arriba perde a súa inercia e mantense un breve intre flotando no aire, unha fotografía efémera cuxo desenlace normal aboca a pelota a precipitarse, pero... Que quere dicir normal? E se cambia a súa traxectoria ou decide quedar suspendida eternamente?

FICHA ARTÍSTICA

Creación e interpretación: Carlos Marcos, Fernando Santa-Olalla, Jorge Silvestre, Josu Monton e Miguel Frutos

Dirección artística e idea orixinal: Jorge Silvestre

Dramaturxia, acompañamento no proceso persoal e grupal e intervención comunitaria: Laura Presa e Fernando Gallego (La Rueda Teatro Social)

Coreografía: Iris Muñoz e José Triguero

Mirada externa e dirección actoral: Rakel Camacho, Laura Presa e Fernando Gallego

Deseño de iluminación: Carlos Marcos

Composición musical: Vaz Oliver

Deseño de escenografía: Alfonso Reverón, Fernando Santa-Olalla e Miguel Frutos

Construción de escenografía: Ijuggler Circus Props Maker

Deseño e confeción do vestiario: Zaloa Basaldua e Josu Monton.

VENDA DE ENTRADAS:

  • WEB: www.ataquilla.com
  • Despacho de entradas da praza de Ourense (agás festivos): de luns a xoves de 10.00 h a 14.00 h e de 15.00 h a 18.00 h e venres de 10.00 h a 15.00 h.
  • Despacho de entradas do Ágora: dende unha hora antes do comezo do espectáculo (sempre que queden entradas dispoñibles)

También puede interesarte...

Agenda

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión