Danza contemporánea Jesús Rubio Gamo en coprodución con Centro de Cultura Contemporánea Conde Duque de Madrid, GREC Festival de Barcelona e Festival Romaeuropa
Para público en general
01/12/2023
Ya ha finalizado
20.30 h
*Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala.
70 minutos
Teatro Rosalía de Castro. Calle Riego de Agua, 37, A. 15001 A Coruña
10'00 € (Carné Xove, + 65 anos, persoas desempregadas -20%; familias numerosas -25%)
**Todas as persoas que accedan ao teatro deben facelo con entrada independentemente da idade que teñan ou de ocuparen ou non butaca.
Un móvese desde sempre, nace movéndose. Ve outros corpos movéndose e aprende a entender a sensación que eses movementos que ve albergan. Unha anda e sente a sensación que xa imaxinara que tiña esa á que viu andando, antes ca ela. Un aprende a xirar porque capta a enerxía que emana do que xira. Un salta, unha cae, un toca, unha abraza, entrelázase... Un ve un paxaro e pode imaxinar o que sente o paxaro ao voar. Pero un non pode voar. Unha baila as primeiras veces sen saber aínda que o que fai ten un nome. Logo ve a xente que se move de formas prodixiosas. Parece que voan, parece que xiran eternamente, parece que teñen pernas que parecen brazos... Pregunta: que é iso? Respóndenlle: están a bailar. E entón sabe que el tamén quere bailar, porque xa sente o que esoutros corpos están a sentir pero quere sentilo aínda máis, necesita sentir o que hai neses límites. Aí comeza un camiño. Empezas a practicar accións, pasos, movementos, posicións, secuencias. Non pensas demasiado. Fas, repites, practicas, buscas o ángulo, a maneira, ás veces centraste na forma e outras confías na sensación. Logo pérdeste. Veste con todo iso e non sabes moi ben para que usalo, como poderá servir. Xa viches algúns corpos enchendo eses códigos, desafiándoos, con toda a súa forza e toda a súa historia e todo o seu cansazo e toda a súa plenitude. Sabes que están aí para todos, son tamén teus. Só tes que atopar a túa maneira. De que os vas encher ti? Por onde empezar? Jesús Rubio Gamo
Elenco: Eva Alonso, Olaia Valle, Arantza Iglesias, Raúl Pulido e Diego Pazó
Bailaríns suplentes: Clara Pampyn e Alberto Alonso
Idea, coreografía e dirección: Jesús Rubio Gamo
Voz, música e palmas: Blanca Paloma, Desiré Paredes e Paz de Manuel
Venda de entradas:
Despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h
Despacho de billetes do Teatro Rosalía: só abre os días de función das 16.00 ás 20.00 h

20/12/2025
Entradas a la venta el 17 de julio de 2025 desde las 12.00 h

Desde el 19/12/2025 hasta el 20/12/2025

22/12/2025

23/12/2025

27/12/2025

Los días 27/12/2025, 28/12/2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible