Poetas de Galicia introdúcennos na lírica do novo milenio
Para público en general
15/02/2019
Ya ha finalizado
20.00 horas
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
Entrada libre ata completar a capacidade do auditorio do centro
Vértice de Versos é unha longametraxe documental na que se repasa o acontecido desde os anos 90 no universo poético de Galicia. É un proxecto audiovisual que permite coñecer a principal fonte literaria galega.
É a primeira vez que un documental se introduce na poesía galega, descubrindo a súa historia, contando a revolución literaria dos 90 e coñecendo como están sendo as novas formas de expresión poética. Interveñen nel 17 poetas e 2 dos principais especialistas na literatura galega contemporánea.
Vídeopoesía, música, ilustración, danza ou artes plásticas están presentes nun documental áxil e feito para quen nunca se achegou á poesía galega.
Teremos un coloquio, posterior á proxección, no que intervirán Carlos Lorenzo, Yolanda Castaño, Emma Pedreira e Miguel Anxo Fernán Vello. Será moderado por Mercedes Queixas.
Organizador: Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible