A cantora, gaiteira e investigadora Carme López Fernández adora a tradición oral e o papel das informantes como heroínas anónimas que preservaron, xeración tras xeración, un legado patrimonial de valor incalculable.
Para público en general
08/02/2025
Ya ha finalizado
19:30 h
75 min
Auditorio del Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
de balde
Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"
agra@galizacultura.gal
Carme López, que provén da fabulosa orquestra SonDeSeu, está a presentar o seu primeiro disco, Vinde todas, que reflicte a tradición máis pura da Galiza poñendo as mulleres informantes nun primeiro plano e como motor principal da tradición oral, reivindicando a relevancia histórica e actual nun ámbito en que, adoito, foron marxinadas. Cada unha das cancións leva o nome da ou das mulleres de referencia no proceso de aprendizaxe das melodías, ademais de iniciar e pechar o disco cadansúa gravación de campo, as que reflicten o propio proceso de investigación etnomusicolóxica. Vinde todas é tanto un acto de memoria como unha declaración política, lembrándonos que a música é tamén un vehículo de transformación social.
Non toda a materia prima ten orixes remotísimas: poñendo por caso, no tema "SEVERINA. A Rusia pequena" Carme recolle o romance que Severina Murias lle confiou e rescata unha historia de delacións e fusilamentos nos montes do Acebo, na comarca da Fonsagrada, territorio en que o heroico comandante Moreno e o seu batallón loitaron fronte ao golpe de estado de 1936, a metralla e a infamia; ademais, esta canción leva por subtítulo o nome co que se coñecía unha aldea de Cedrón (Láncara) a mediados do século pasado, a que tamén levaba consigo unha historia de silencio e medo que chegou a Carmela a través da súa avoa Manuela Caloto. Carmela achega as sonoridades tradicionais á música máis contemporánea, xunto coas súas compañeiras, Sara Méndez (saxo) e Camile Hedouin (sintetizadores), con arranxos sinxelos que permiten que a voz e a percusión vaian da man e sexan as protagonistas principais do espectáculo.
Vinde todas dá conta da realidade efervescente da música tradicional en Galicia recollendo a confluencia do pasado e a actualidade a través dun claro propósito de visibilización da figura das informantes como referentes fundamentais para a creación actual. Este festival, como todas as actividades do programa "Agra no Ágora" son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.

12/12/2025
Preventa el lunes 16 de diciembre a las 12.00 h para fans.
Entradas a la venta el 17 de diciembre a las 12.00 horas

12/12/2025

13/12/2025
ENTRADAS A LA VENTA DESDE EL 5 DE DICIEMBRE DE 2024 A LAS 12.00 h

16/12/2025

Desde el 14/10/2025 hasta el 16/12/2025

17/12/2025
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible