Entre as actividades que organiza a concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación para o fomento da música coral entre as persoas maiores destaca o encontro de corais denominado Música no Nadal.
Para público en general
11/12/2019
Ya ha finalizado
18:30 h
Auditorio del Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
A entrada é gratuíta con invitación, que poderá recollerse o mesmo día do recital no centro Ágora, entre as 16:30 e as 18:15 h.
Música no Nadal é un recital de música vocal, no que cada coral participante interpreta dúas panxoliñas.
As corais convidadas a este acto están integradas por persoas afeccionadas ao canto polifónico e á música coral, que atopan nesta actividade a maneira de canalizar os seus intereses e ocupar o seu tempo libre. Con este festival as corais mostran ao público o traballo que desenvolven durante grande parte do ano.
Música no Nadal sempre tivo unha gran acollida entre as corais e a cidadanía, de feito este festival xa é un clásico nas actividades de Navidade da nosa cidade e este ano celebraremos á súa vixésimo primeira edición.
As nove corais participantes nesta edición serán:
Coral Polifónica Breogán (ONCE), Coral Airiños de San Fernando do CCM de Feáns, Coral do CCM do Castrillón, Coral Pensionistas da Casa do Mar, Coral Arumes do CCM de Monte Alto, Coral Canciones de nuestra vida de Afundación, Coral Cantores do CCM de San Diego, Coral Allegro ma non troppo do CCM de Monelos, Coral Saraiba do CCM dos Mallos.
Este ano 2019 tamén contaremos coa actuación especial dos nenos e nenas da Asociación Cultural Donaire.
21/05/2024
23/05/2024
24/05/2024
24/05/2024
25/05/2024
26/05/2024
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible