Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de marzo de 2022

As clases comezan o vindeiro martes 19 de abril para todos os grupos, de acordo co horario establecido en cada categoría e nivel

Aberto o prazo para inscribirse nas novas actividades acuáticas da piscina municipal de Santo Amaro

A preinscrición, que permanecerá aberta ata o vindeiro 3 de abril, pode facerse en liña a través da web www.clubdelmar.deporsite.net ou de forma presencial nas oficinas do club

O Concello da Coruña renova a súa oferta na piscina municipal de Santo Amaro, ofertando novas prazas trimestrais para o período abril-xuño. Ademais de completar aquelas prazas libres en grupos xa existentes (28 prazas de adulto e 30 infantís), o Club do Mar ofrece novos cursos de actividades acuáticas.

Entre a oferta da entidade atópanse novos cursos de natación para nenos e nenas, divididos en tres subgrupos segundo a idade: de 0 a 2 anos (18 prazas), de 3 a 5 anos (8 prazas) e cun custo de 38,02 euros e de 6 a 13 anos (20 prazas) cun custo de 57,03 euros. Ofértanse tamén cursos de natación para adultos, neste caso dividos en dous niveis: 30 prazas de iniciación e 20 de perfeccionamento, cun prezo de 71,80 euros e 47,87 euros respectivamente.

Ás novas actividades de natación trimestrais para adultos e nenos súmase un curso de fitness acuático, para o que se ofertan 40 prazas cun custo de 71,80 ou 47,87 euros, en función das horas e días impartidos; así coma un mensual de natación prenatal, de 11,76 euros. Todas as actividades teñen como data de inicio o martes 19 de abril e é necesaria unha ocupación mínima do 50% para poder levarse a cabo.

O período de preinscrición remata o vindeiro domingo 3 de abril e posteriormente, o día 4 de abril, abrirase o prazo para formalizar a matrícula. Ambos os trámites poden realizarse a través do Club do Mar de Santo Amaro, tanto na súa web www.clubdelmardesanamaro.com como de xeito presencial nas oficinas do club. Toda a información pode consultarse de maneira máis detallada na web de  Deportes Coruña .

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión