Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

31 de marzo de 2023

O novo recinto xuvenil conta con zonas de encontro e para actividades e deportes urbanos para xoves a partir de 12 anos

As Naves do Metrosidero abren as súas portas co maior espazo da cidade dedicado ás mozas e mozos

Inés Rey: “Metrosidero será un importante centro de encontro para a mocidade da Coruña”

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou esta tarde a remodelación das Naves de Metrosidero. O novo espazo xuvenil ponse en marcha tras unha actuación que contou cun investimento de máis de medio millón de euros (559.000 euros) para poñer a punto as tres naves existentes xunto co invernadoiro e a contorna exterior para o uso e desfrute da mocidade. Poderán utilizalo mozos e mozas de 12 a 30 anos.

A alcaldesa subliñou hoxe na apertura do espazo xuvenil que as novas instalacións van ser "un importante punto de encontro para os mozos e mozas da Coruña dando así continuidade a unha estratexia que puxemos en marcha neste mandato coa apertura do Remanso para recuperar e crear espacios para a xente nova".

A primeira nave é un gran espazo diáfano que será utilizado para diferentes actividades. Servirá como punto de encontro de talleres, espazo de ensaio ou mesmo para albergar espectáculos artísticos. A segunda das naves é un espazo dedicado a deportes urbanos cunha zona de escalada ao fondo da nave, un parque de parkour e un skate park. Este espazo súmase ao skate park en execución en José Toubes e ao rocódromo municipal de Riazor aberto desde este mesmo ano.

A terceira nave está destinada a información xuvenil e ubicación do servizo de Mocidade do Concello, converténdose Metrosidero no centro de referencia para que os mozos e mozas coruñeses poidan non só desenvolver as súas actividades seno tamén coñecer todas aquelas dispoñibles na nosa cidade. Hay un cuarto espazo, o invernadoiro, que funciona como zona de acceso e área de descanso e lecer.

Inés Rey subliñou que as naves de Metrosidero se incriben na vontade do Goberno local de ofertar alternativas de ocio saudable e puntos de encontro para as relacións interpersonais dos mozos e mozas. "Cada vez son máis os mozos e mozas que sufren casos de illamento, e cada vez en idades máis temperás, seguramente vinculado ao uso excesivo de redes sociais e internet -sinalou-, con estas novas infraestructuras queremos axudar a combater ese illamento, ofertando alternativas de ocio abertas, lugares onde xuntarse e onde tamén poidan utilizar as redes sociais pero fóra dese illamento".

As naves do Metrosidero, ao igual que o Remanso, serán un espazo autorregulado que os rapaces poderán xestionar de xeito libre. O recinto non vai ter actividades programadas. Si terá dinamizadores que funcionarán apoiando aos mozos e canalizando as súas ideas e propostas.

Horarios de apertura das naves de Metrosidero

INVERNO

Mañás luns, mércores e venres: de 10.00 a 14.00 horas Sábados: 11.00 a 14.00 horas

Tardes de luns a domingo: de 17.00 a 22.00 horas

VERÁN

 Mañás luns a venres: de 11.00 a 14.00 horas Sábados: 11.00 a 14.00 horas

Tardes de luns a domingo: de 17.00 a 23.00 horas

DATOS TÉCNICOS

A superficie construída total é de 1031,75m2, e as superficies de cada unha das naves son:

Nave 1: 176,56m2

Nave 2: 402,97m2

Nave 3: 344,97 m2

Invernadoiro: 107,25m2

Complétase o equipamento, en canto a mobiliario de estar e mobiliario exterior, coa incorporación da construción dos prototipos realizados en colaboración co IES Rosalía Mera (anteriormente IES Calvo Sotelo) e o grao medio en Instalación e Amoblamento a través dun convenio de colaboración asinado entre o Concello e a Deputación da Coruña.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión