Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Dirección de Urbanismo

Esta dirección adscríbese á Área de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, da que dependerá a seguinte estrutura administrativa:

  • Servizo de Planeamento e Xestión do Solo
  • Servizo de Intervención da Edificación e Disciplina Urbanística
  • Servizos Xerais de Urbanismo
  • Servizo de Rehabilitación e Vivenda

Facultades da área

  • Incoar, impulsar e resolver os procedementos seguintes:
    • Os expedientes de reposición da legalidade urbanística
    • A adopción das medidas cautelares e de policía que se deriven do exercicio das competencias urbanísticas.
    • Os de execución forzosa de resolucións ditadas en virtude das delegacións conferidas a este órgano, mediante os procedementos de execución subsidiaria e multa coercitiva.
    • A potestade sancionadora atribuída á Alcaldía pola Lei 2/2016, do 10 do febreiro, do solo de Galicia.
  • Remisión de informes á Administración autonómica en expedientes de autorización comercial ou industrial da súa competencia que previsen este trámite.
  • As competencias administrativas en materia de control das actividades reguladas no artigo 28 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competividade económica de Galicia, excepto as relativas aos procedementos sancionadores.

Delegacións da XGL

  • A tramitación e resolución dos procedementos das seguintes licenzas:
  1. Licenzas urbanísticas para as obras e os usos que se realicen con carácter provisional.
  2. A autorización dos proxectos técnicos de execución que desenvolvan o proxecto técnico básico que obtivera licenza de obras ou instalación.
  3. Licenzas de cerramento e valado de terreos.
  4. Licenzas de colocación de carteis e paneis de publicidade visibles desde a vía pública, que non estean en locais pechados.
  5. Licenzas de primeira utilización ou ocupación dos edificios e funcionamento de instalacións en xeral.
  6. Licenzas de obras e instalacións de carácter menor.
  7. Licenzas para instalación e construcións de carácter temporal destinadas a espectáculos e actividades recreativas.
  8. Licenzas para o control do exercicio de actividades económicas, profesionais, industriais ou comerciais, excepto aquelas que deban tramitarse xunto aos procedementos para concesión de licenza de obras, cando a súa resolución lle corresponda a outro órgano.
  9. Licenzas urbanísticas para movementos de terras, tales como desmonte, explanacións, escavacións ou terrapléns. As obras de instalacións e servizos, e as relacionadas coa urbanización, cando estas non estean incluídas nun proxecto de urbanización definitivamente aprobado, ou de edificación que dispoña de licenza outorgada.

A presente delegación inclúe todos os actos administrativos de trámite e resolución dos expedientes administrativos relativos a elas, incluídos os actos de comprobación ou inspección de comunicacións previas e declaracións responsables, así como a aceptación de renuncias, tramitación de expedientes de caducidade, declaración de desistimentos, devolución de avais, aceptación de cesións obrigatorias etc, incluso os que se refiran á inspección e control delas.

  • A potestade sancionadora que lle corresponde á Xunta de Goberno Local para o control do exercicio de actividades económicas, profesionais, industriais ou comerciais ou dos establecementos afectos a elas, regulada nos artigos 28 e 57 da Lei 9/2013, do 19 do decembro, do emprendemento e competitividade económico de Galicia, excepto as resolucións que correspondan a expedientes sancionadores por faltas cualificadas como moi graves, así como incoar e resolver os expedientes sancionadores por infraccións administrativas moi graves tipificadas no artigo 32, as infraccións graves tipificadas nas letras a), e), f), i), l), m) e n) do artigo 33, e as infraccións leves tipificadas no artigo 34 da Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia. Resérvase a Xunta de Goberno Local a competencia para resolver os expedientes sancionadores por infraccións moi graves.
  • A relativa á prevención, vixilancia e redución, incluída a potestade sancionadora en materia de contaminación acústica por emisións orixinadas en establecementos destinados a actividades económicas, empresariais, industriais e comerciais, regulada na Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, no Decreto 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústica de Galicia e no capítulo IV do Título IV do documento refundido da Ordenanza contra a contaminación acústica da Coruña, excepto as resolucións que correspondan a expedientes sancionadores por faltas cualificadas como moi graves ou que lle correspondan á Área de Medio Ambiente.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión