Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

16 de enero de 2023

O Concello publica as propostas gañadoras dos Orzamentos Participativos nas que se investirán 2,5 millóns de euros

O Goberno municipal achegará 90.500 euros máis para incluír a creación dunha zona de lecer en Palavea

Xa se poden consultar na web municipal as propostas gañadoras da última edición dos Orzamentos Participativos coas súas correspondentes partidas. Son 17 as propostas -cinco para toda a cidade e 12 correspondentes aos 10 distritos da Coruña-  as máis votadas no proceso de participación cidadá que se levaron a cabo a finais do pasado ano.

Ademais destas 17 propostas, o equipo técnico municipal valorou o emprego dos remanentes para a inclusión dunha proposta máis nos distritos 1 ou 8,  os únicos que non acadaron o límite de orzamento asignado por distrito. Seguindo o criterio de maior número de votos, inclúese a maiores o proxecto de creación dunha zona de lecer e ocio no barrio de Palavea, para cuxa posta en marcha o Concello achegará 90.500 euros que se sumarán aos 2.500.000 euros consignados para os Orzamentos Participativos. Mediante os orzamentos participativos o Goberno de Inés Rey amplía os investimentos previstos nos barrios da cidade, que neste mandato superan xa o 40 millóns de euros.

"A suma dos orzamentos das propostas gañadoras deixaba un remanente de 60.000 euros -explica a concelleira de Igualdade, Benestar Social e Participación, Yoya Neira-, unha vez analizadas todas as opcións e tendo en conta o número de votos recibido, o Concello decidiu destinar o dito remanente a poñer en marcha a segunda proposta máis votada do Distrito 8 (Palavea) e completar con fondos propios os 150.000 euros de orzamento que se necesitan", agregou.

Neira destacou o aumento de cidadáns e cidadás que participaron na fase de votación, aproximadamente un 70 % máis que o ano pasado. O número de persoas que optaron pola votación presencial en urna experimentou igualmente un ascenso importante, sendo máis do dobre que o ano pasado, cando se habilitou esta opción de voto por primeira vez.

En canto á participación por distritos, destaca moi por encima dos demais o distrito 7, con máis de 1.000 votos contabilizados. O distrito 5 tamén tivo unha participación alta, con 636 votos contabilizados.

En total, houbo 1.747.745 visitas á plataforma "nacorunacontas" situada na web municipal, presentáronse 608 propostas e emitíronse 22.254 apoios. Na votación final participaron 3.140 persoas.

Propostas gañadoras

  1. Para toda a cidade
    • "Quero ser libre pola Coruña". Proposta de intervención global para a mellora da accesibilidade en toda a cidade presentada por GRUMICO (Grupo de persoas con discapacidade da Coruña) Orzamento: 250.000 euros.
    • "Por unha cidade verde". Creación de novas zonas verdes e instalación de árboredo autóctono. Orzamento: 250.000 euros.
    • "Parques infantís cubertos". Instalación de cubertas nalgúns dos parques infantís da cidade para poder utilizalos cando chove. Orzamento: 250.000 euros.
    • "Baños públicos de calidade". Instalación de máis cabinas de aseo público con equipamentos modernos. Orzamento: 250.000 euros.
    • "Mantemento e actualización da Domus". Proposta integral para o edificio de Arata Isozaki que inclúe a renovación do exterior e os accesos e a actualización da oferta expositiva dun dos museos máis populares da cidade. Orzamento: 98.000 euros.
  2. Propostas por distritos
    • Distrito 1 (Ciudad Vella, Cantóns, A Mariña e Orzán)

Rehabilitación dos bancos de cerámica dos Xardíns de Méndez Núñez. Orzamento: 60.000 euros

Instalación de árbores na rúa Socorro. Orzamento: 25.000 euros

  • Distrito 2 (Monte Alto, Orillamar, Zalaeta, Matadoiro e Durmideiras)

Reparación da pista deportiva do CEIP Víctor Seoane. Orzamento: 148.000 euros.

  • Distrito 3 (Catro Camiños, Juan Flórez, Ramón y Cajal e A Palloza)

Ampliación da zona de xogos na praza de Tabacaleira. Orzamento: 150.000 euros

  • Distrito 4 (Os Mallos, Vioño, avenida do Ferrocarril e contorna da estación de tren)

Ampliación do parque infantil da Sagrada Familia. Orzamento 70.000 euros.

Equipamento do parque infantil da estación de tren. Orzamento: 70.000 euros.

  • Distrito 5 (Labañou, Os Rosales, Alfredo Vicenti e Manuel Murguía)

Reacondicionamiento do "cole azul", o espazo dedicado ás actividades extraescolares do CEIP Emilia Pardo Bazán. Orzamento: 149.500 euros.

  • Distrito 6 (Agra do Orzán, As Conchiñas, Peruleiro e rúa Barcelona)

Embelecemento do barrio con ampliación de beirarrúas, máis zonas peonís e axardinamento. Orzamento: 150.000 euros

  • Distrito 7 (Os Castros, Monelos, Matogrande e Someso)

Patio urbano verde, humanizado e sostible para o CEIP Ramón de la Sagra. Orzamento: 150.000 euros

  • Distrito 8 (Palavea, Pedralonga, Eirís e As Xubias)

Camiño seguro ao colexio: Facer un carril peonil na rúa Roma que una o colexio Andaina coa avenida Nova York para poder chegar á parada de bus urbano de forma segura. Orzamento: 70.000 euros

Creación dunha zona de lecer e ocio na contorna das vivendas de Santa Cristina en Palavea. Orzamento: 150.000 euros.

  • Distrito 9 (Elviña, Mesoiro, Novo Mesoiro, A Zapateira e Pocomaco)

Reparación e asfaltado das pistas e camiños do Lugar de Elviña e Castro de Elviña. Orzamento: 150.000 euros.

  • Distrito 10 (O Ventorrillo, Bens, Nostián e Penamoa)

Renovación completa do patio do CEIP María Barbeito. Orzamento: 150.000 euros.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión