Concello da Coruña

Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de decembro de 2021

Regresa ao Aquarium Finisterrae a actividade ‘Aventura coas focas’

Os e as participantes poderán participar na elaboración da comida e alimentar e revisar o estado destes mamíferos

O Aquarium Finisterrae recupera a partir deste Nadal a actividade 'Aventura coas focas'. Trátase dun obradoiro de divulgación científica para coñecer de primeira man a rutina diaria das focas que viven nas piscinas exteriores. Durante os 90 minutos que ocupa a actividade, de 11.00 a 12.30 horas, as persoas participantes visitarán a cociña do Aquarium, participarán na preparación dos alimentos e accederán ás plataformas exteriores onde se alimenta e revisa o estado destes mamíferos mariños.

A actividade está dirixida a maiores de 7 anos, que deberán acreditar a súa idade con DNI ou fotografía do libro de familia onde figure o nome e a data de nacemento. Os nenos e nenas deberán ir acompañados durante toda a actividade por unha persoa adulta que se fará cargo dun máximo de dous menores. Esta actividade non ten custo engadido ao prezo que cada visitante deba aboar para entrar no recinto, mais require a reserva de entradas para todas as persoas participantes, que se poderán reservar neste enderezo web cun máximo de 3 días de antelación:  Aventura coas focas

As entradas aboaranse no momento de chegar á actividade, na recepción do Aquarium. A primeira sesión celebrarase o domingo 26 de decembro. Polas características da actividade, ofertaranse só 12 prazas en cada sesión.

As persoas que tiñan praza antes de suspenderse a actividade polo inicio da pandemia terán oportunidade de participar agora se o desexan. Estas persoas, recibirán un correo electrónico no que se lles indicará os días no que poderán asistir.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión