Cuarteto de clarinetes
Para público en xeral
22/03/2018
Xa rematou
20.30 h
* Pídese puntualidade, unha vez comezado o concerto non se permitirá o acceso á sala.
Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña
gratuíta (ata completar a capacidade da sala)
O CUARTETO VENTUM nace na Coruña no ano 2017 co afán de explorar a versatilidade do clarinete interpretando repertorio de diversas épocas e estilos. Fixo o seu debut oficial na décima edición do Ciclo de concertos Cortiza de Enzina 2017 (Ponferrada, León)
A dita formación intenta nos seus concertos combinar obras propias do repertorio con adaptacións de traballos creados para outros instrumentos e formacións.
O cuarteto trata de explorar os timbres propios dos diferentes instrumentos da familia do clarinete, achegando ao repertorio musical unha visión única que une un alto grao de musicalidade cunha riqueza sonora moi característica dentro dos instrumentos de vento.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible