Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Carreras Populares

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Cuándo:

21 de noviembre de 2018

O centro Ágora acolle esta tarde a gala de peche da tempada do Circuíto Coruña Corre 2017-2018, na que intervirán o alcalde e o edil de Culturas, Deporte e Coñecemento

O Concello abre mañá, xoves 22, o prazo de inscrición para participar en Coruña21 e no Maratón Atlántica

O medio maratón celebrarase o 17 de febreiro, mentres que Coruña42 e a proba popular 10K terán lugar o 14 de abril

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento abre mañá, 22 de novembro, o período para formalizar a inscrición nas dúas grandes carreiras que organiza o Concello en colaboración coa Federación Galega de Atletismo, como son o XI Medio Maratón Coruña21 e o VIII Maratón Atlántica Coruña42, que se celebrarán o 17 de febreiro e o 14 de abril respectivamente. Ambas iniciativas desenvolveranse no ámbito urbano do termo municipal, e contarán con circuítos homologados pola Real Federación Española de Atletismo (RFEA).

A primeira das probas será Coruña21. A saída da carreira terá lugar ás 10.00 horas do Obelisco, espazo no que tamén se situará a liña de meta. As e os participantes percorrerán unha distancia de 21.097,50 metros. O peche da proba realizarase ás 12.30 horas, dúas horas e media despois da saída e, como nas anteriores edicións, establecerase un tempo de 1 hora e 15 minutos para o paso polo 10 km. Pasado o tempo límite correspondente tanto ao primeiro tramo da carreira, así como á distancia total, as persoas participantes que permanezan na carreira deberanse retirar do circuíto oficial de competición.

Poderán correr no Medio Maratón persoas maiores de 18 anos cuxa participación realizarase en función das seguintes categorías, seguindo a regulamentación da RFEA: Sub20 (2000-2001), Sub23 (1997, 1998 e 1999), Senior (desde 1996 e anteriores até a primeira categoría Master) e até sete modalidades Máster segundo o ano de nacemento --desde 35 anos cumpridos no día da proba en diante--. Establecerase tamén unha categoría de atletas con diversidade, para nadas e nados en 1997 e anos anteriores.

A inscrición de Coruña21 poderase realizar desde mañá través da web da Federación Galega de Atletismo, www.carreirasgalegas.com até as 23.59 horas do día 3 de febreiro. A cota de inscrición será de 15€. A continuación, abrirase un segundo prazo extraordinario do 4 ao 10 de febreiro, no que o prezo será de 25€. Non se aceptarán inscricións fóra destes dous prazos establecidos. Como é habitual nas probas promovidas polo Concello, darase a posibilidade de bonificación do 50% ao colectivo de persoas maiores de 65 anos, posuidoras do Carné Xove ou desempregadas. As persoas deberán acreditar estas circunstancias a través dunha declaración responsable no momento de formalizar a inscrición e, a continuación, enviar os documentos correspondentes --fotocopia do DNI e do Carné Xove, así como do informe de períodos de altas e baixas expedido polo INEM antes do día da inscrición na carreira ou fotocopia do cartón de desemprego-- antes das 00.00 horas do 3 de febreiro. Nos vindeiros días informarase dos puntos físicos para formalizar a inscrición de xeito presencial.

Unha vez formalizada a inscrición, as persoas participantes poderán recoller os seus dorsais e chips, que serán de uso persoal e intransferible, os días 15 e 16 de febreiro, no horario e lugar de entrega que estableza e Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento. A área que dirixe José Manuel Sande tamén será a responsable de dotar de servizos como gardarroupa ou de duchas ao finalizar o percorrido, ademais de médico e avituallamento, tanto na meta como durante o trazado do circuíto --que, segundo as normativas da IAAF, se situarán a partir do quilómetro cinco e, aproximadamente, cada cinco quilómetros--.

Maratón Atlántica

Xa no mes de abril, o domingo 14, terá lugar a oitava edición do Maratón Atlántica Coruña42, que abrangue a celebración tanto da proba de 42 quilómetros como dunha carreira popular de 10, coñecida como 10K. O maratón coincidirá, un ano máis, coa celebración do Campionato de Galicia Absoluto e de Veteranos Individual e de Clubs, incluída no calendario da RFEA. A saída do Maratón Atlántica terá lugar las 08.30 horas, e contará cun circuíto completamente pechado ao tráfico que transcorrerá pola calzada do tráfico rodado e zonas peonís debidamente sinalizadas. O peche da proba realizarase ás 14.00 horas, 5 horas e media despois da saída.

Na Coruña42 poderán participar persoas maiores de 20 anos e estableceranse as seguintes categorías: Sub23 (nadas en 1997, 1998 e 1999), Sénior (desde 1996) e até sete modalidades de veteranos, coñecidas como Máster, segundo o ano de nacemento --desde 35 até 65 anos cumpridos no día da proba en diante--, ademais da categoría de atletas con diversidade, na que poderán participar persoas nacidas no ano 1999 e anteriores. Haberá recoñecementos en metálico --non acumulables-- para as primeiras clasificadas, así como para as primeiras atletas galegas e coruñesas, e trofeos para quen se sitúe no podio de cada categoría. A organización, ademais, outorgará un premio especial de 1.000 euros --que si é acumulable-- a aquelas persoas que superen o récord da proba, sendo este de 2:12:21 no caso da categoría absoluta masculina, e 2:40:23 na feminina. A cerimonia de entrega de premios realizarase ao peche da carreira, contra ás 14.00 horas, na zona da meta.

A inscrición para participar no Maratón estará aberto até as 23.59 horas do 31 de marzo no web www.carreirasgalegas.com A cota será de 25 euros até esta data ou ata acadar as 1.500 persoas inscritas --no caso dos e das atletas con licenza da FGA, para o Campionato Galego, será gratuíta e deberán facelo a través do enlace https://isis.rfea.es/sirfea2--. Neste tempo, todas aquelas persoas maiores de 65 anos, posuidoras do Carné Xove ou desempregadas que queiran participar, poderán solicitar a bonificación do 50%, a través dunha declaración responsable no momento de formalizar a inscrición, e remitindo a documentación correspondente á Federación Galega de Atletismo a través do correo info@carreirasgalegas.com. A partires do día 1 de abril, e até as 23.59 horas do día 7, abrirase un prazo extraordinario que aumentará en 15 euros a cota de participación.

O Concello porá a disposición das e dos participantes distintos servizos, como o de avituallamento, gardarroupa e duchas. Ademais, todas as personas que rematen o Maratón Atlántica, recibirán un diploma e medalla de finisher.  

Xunto ao maratón, durante a mañá do domingo 14 celebrarase tamén a proba popular 10K, de 10.000 metros, e que compartirá unha parte do percorrido coa proba de 42km. A saída desta carreira será ás 08.45 horas e o peche producirase ás 10.15 horas. Ao igual que o Maratón Atlántica, a 10K terá dous prazos de inscrición a través do web www.carreirasgalegas.com A cota ordinaria --que se poderá aboar até o31 de marzo--será de 5 euros, mentres que a extraordinaria --do 1 ao 7 de abril-- será de 15 euros.

Para máis información sobre estas grandes carreiras, así como outras probas deportivas promovidas polo Concello, pódese visitar a páxina web www.coruna.gal/carreiraspopulares.

Coruña Corre

Por outra banda, o centro Ágora acolle esta tarde a gala de peche do circuíto Coruña Corre 2017-2018, que servirá tanto para entregar as medallas ás primeiras persoas clasificadas en cada unha das categorías como para render homenaxe ás e aos voluntarios que participan nas distintas probas que conforman  programa municipal. O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, intervirán no acto.

A nova tempada de Coruña Corre comezará o vindeiro domingo, 25 de novembro, coa VIII Carreira Popular de Novo Mesoiro. O prazo de inscrición para participar nesta proba --que se pode realizar a través do web www.coruna.gal/carreiraspopulares-- pecharase hoxe ás 23.30 horas.

Botones sociales

  • Logo pie
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?