Coitelo ou fouce de ferro (Museo Arqueolóxico e Histórico do castelo de San Antón da Coruña)
O inicio da siderurxia
Ademais do ouro e a prata, na Idade do Ferro tamén era habitual o uso do bronce e do ferro. O uso e a preparación deste metal introduciuse, no territorio ártabro, desde o s. V a.C. A actividade siderúrxica converteuse, desde entón, nunha actividade clave para as poboacións locais, implicando un significativo cambio desde a anterior percepción da metalurxia. As técnicas necesarias para producir ferro implican un maior coñecemento técnico de varios procesos, a presenza de procedementos potencialmente perigosos para a saúde e a preparación da materia prima de forma distinta á doutros metais con temperaturas de fusión máis baixas (bronce, estaño...). A produción de ferro, ademais, implicaba un cambio totalmente distinto da produción de metal con respecto á que agora temos. A metalurxia implicaba un marcado compoñente esotérico e simbólico, no que o control da técnica era só unha parte do proceso que se vía implicada con outros moitos aspectos inmateriais e sobrenaturais.
No Castro de Elviña, coñécense varias áreas de produción metalúrxica, situadas na área suroeste da croa. A pesar de que, en moi mal estado de conservación, foron recuperadas abundantes evidencias do traballo do metal (escoura, crisois, moldes de fundición...) nunha contorna con varios fornos. No castro, documentáronse moitas pezas de ferro, como cravos e picas, pezas de uso persoal... así como ferramentas, destacando este fío de coitelo curvo.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible