Concello da Coruña

Concello da Coruña

Vista aérea da muralla exterior

A terceira terraza

A terceira terraza

Un acceso monumental e moitos interrogantes

A terceira terraza sitúase, principalmente, nas áreas oeste e sur, baixo a acrópole, delimitada por unha potente muralla de máis de 1,5 m de anchura. Parece tratarse da última liña defensiva do castro. Esta muralla conta cun potente acceso na súa área suroeste, definido por varios torreóns, un camiño empedrado e (polo menos) tres portas.

Esta zona apenas recibiu atención arqueolóxica durante as primeiras campañas, sendo inicialmente escavada durante proxéctoo Artabria, baixo a dirección de José María Bello, e tamén en intervencións sucesivas baixo distintas direccións (Fidel Méndez, Luís Francisco López, Mario Cesar Vila e Roberto Bartolomeu), nestes últimos casos, centradas principalmente en profundar nas características do sistema de acceso.

Esta zona resultou de particular interese para o estudo das fases construtivas da muralla. Neste caso, identificouse unha muralla graduada, é dicir, construída sobre un zócolo asentado sobre a terra ou o afloramento, de grande anchura, sobre o que se asentaba a muralla tal e como se ve na actualidade. Os materiais recuperados na contorna das murallas parecen indicar unha orixe situada entre os ss. III e II a.C., mentres que os depósitos de abandono, tanto nesta área como no sistema de acceso, indican que xa non estaría en uso na primeira metade do s. I d.C.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión