O obxecto do presente convenio é establecer as bases de colaboración entre o Concello da Coruña e ASOCIACIÓN DE PERSOAS XORDAS DA CORUÑA, coa finalidade de contribuír á realización das seguintes actividades: "Servizo de acompañamento e interpretación da lingua de signos", que se desenvolverá durante o exercicio 2016.
13.000,00 €
O obxecto do presente convenio é establecer as bases de colaboración entre o Concello da Coruña e a FUNDACIÓN JUAN SOÑADOR, coa finalidade de contribuír á realización das seguintes actividades: "Mantemento da actividade do Programa Teranga A Coruña", que se desenvolverá durante o exercicio 2016.
6.000,00 €
O obxecto do presente convenio é establecer as bases de colaboración entre o Concello da Coruña e A P A CENTRO OCUPACIONAL PASCUAL VEIGA, coa finalidade de contribuír á realización das seguintes actividades: "Contratación dunha persoa con diversidade funcional/sensorial no centro especial de emprego para realizar o servizo de limpeza do local da asociación", que se desenvolverá durante o exercicio 2016
10.500,00 €
O obxecto do presente convenio é establecer as bases de colaboración entre o Concello da Coruña e a ASOCIACIÓN LIGA REUMATOLÓXICA GALEGA "LOITA CONTRA O REUMATISMO" LIREGA coa finalidade de contribuír á realización das seguintes actividades: "Realización dun programa de atención integral ao paciente reumatolóxico", que se desenvolverá durante o exercicio 2016.
9.000,00 €
O obxecto do presente convenio é establecer as bases de colaboración entre o Concello da Coruña e a ASOCIACIÓN DE DANO CEREBRAL DA CORUÑA ADACECO, coa finalidade de contribuír á realización das seguintes actividades: "Servizo de respiro familiar, apoio e orientación a coidadores familiares de persoas afectadas por dano cerebral adquirido", que se desenvolverá durante o exercicio 2016
15.000,00 €
O obxecto do presente convenio é establecer as bases de colaboración entre o Concello da Coruña e a ASOCIACIÓN GRUPO DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE DA CORUÑA GRUMICO coa finalidade de contribuír á realización das seguintes actividades: "Contribución aos gastos da escola de xoiería La Milagrosa para a impartición do oficio de xoiería a persoas con diversidade funcional en situación de desemprego", que se desenvolverá durante o exercicio 2016.
28.000,00 €
O obxecto do presente convenio é establecer as bases de colaboración entre o Concello da Coruña e a ASOCIACIÓN PRO ENFERMOS MENTAIS DA CORUÑA coa finalidade de contribuír á realización das seguintes actividades: "Realización dun programa de inserción laboral para persoas afectadas por unha enfermidade mental", que se desenvolverá durante o exercicio 2016
18.000,00 €
O obxecto do presente convenio é establecer as bases de colaboración entre o Concello da Coruña e a ASOC. LEDICIA CATIVA coa finalidade de contribuír á realización das seguintes actividades: "Acollida temporal de nenos e nenas rusos/as afectados pola radiación de Chernobil en réxime recuperativo de saúde por familias do Concello da Coruña", que se desenvolverá durante o exercicio 2016.
3.000,00 €
Dende o 30/07/2016 ata o 29/08/2016
É obxecto desta convocatoria outorgar subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para apoiar economicamente as asociacións na promoción da igualdade de xénero e inclusión social atendendo ás diversidades existentes e a prevención das violencias machistas, de acordo con criterios obxectivos que ponderen a relevancia e coherencia.
Para o mellor desenvolvemento do seu labor, establécense tres tipos de liñas subvencionables dentro da presente convocatoria:
Liña 1: Fortalecemento e empoderamento do movemento asociativo no ámbito dos dereitos das mulleres e a non discriminación por cuestión de diversidade no municipio da Coruña
Liña 2: Actividades facilitadoras da inclusión da igualdade na diversidade
Programas:
2.1.-Fomento da cidadanía inclusiva. 2.2.-Promoción activa e defensa dos dereitos LGTBQI (lesbianas, gais, transexuais, bisexuais, queers, intersexuais).
Liña 3: Actividades para a prevención das violencias machistas no municipio da Coruña.
Programas:
3.1.-Fomento de actitudes favorables á igualdade de xénero e a erradicación de comportamentos violentos cara ás mulleres.
3.2.-Fomento de actitudes favorables aos dereitos das persoas LGTBQI e a repulsa de comportamentos baseados no odio ao non-heteronormativo.
Poderanse solicitar subvencións para unha ou varias liñas e/ou programas subvencionables nunha única solicitude, sempre que indique a entidade interesada cada actividade de forma independente e por orde de preferencia. No caso de presentar solicitude para máis dunha liña, programa ou actividade, a entidade solicitante deberá presentar memoria e orzamento de ingresos e gastos para cada unha delas.
Contía total: 100.000,00 euros.
O orzamento máximo susceptible de ser subvencionado pode alcanzar ata o 100%.
O importe global distribuirase, sempre que as solicitudes presentadas o permitan cos seguintes límites máximos:
1) Programas de fortalecemento e empoderamento do movemento asociativo: ata o 40%.
2) Programas de fomento da inclusión da igualdade na diversidade: ata o 30%.
3) Programas de prevención das violencias machistas: ata o 30%.
resultados 79
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible