Os Xardíns Méndez Núñez declarados como Zona de Especial Protección
Para público en general
Desde el 30/01/2020
A Xunta de Goberno Local do Concello da Coruña acordou en sesión ordinaria do 29 de xaneiro do 2020 declarar como Zona de Especial Protección (ZEP), sen prexuízo de posteriores revisións, os Xardíns de Méndez Núñez.
A delimitación física da zona obxecto da declaración de Zona de Especial Protección, de acordo co plano que se inclúe máis abaixo, queda delimitada polas seguintes rúas:
-Sánchez Bregua, Cantón Pequeno, Cantón Grande, Avenida da Mariña, Alcalde Manuel Casas e Avenida Porto da Coruña
Nas ditas zonas impedirase a concentración de persoas en horario de descanso nocturno (22.00 - 8.00 h).
Do mesmo xeito, manteranse como Zonas de Especial Protección os espazos e as rúas xa declarados con anterioridade (18.07.2008, 06.11.2009 e 25.03.2011) nas prazas do Humor, de Santa Catalina, Cormelana e Africano e nas rúas próximas a elas, así como toda a Cidade Vella, e repoñerase a sinalización en todos eles.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible