Concello da Coruña

Concello da Coruña

Control de pragas

O Servizo de Control de Pragas Urbanas ten como obxectivo lograr un control dos vectores de contaminación xerados por múridos, microorganismos e insectos, logrando un control axustado e, se é o caso, total eliminación daqueles organismos e/ou microorganismos con influencia sobre a saúde pública en todo o termo municipal.

A prestación do servizo lévase a cabo nos tres campos básicos de prevención das denominadas pragas urbanas, desratización, desinfección e desinsectación.

Desratización

  • Na rede xeral de sumidoiros e desaugadoiros de colectores de saneamento.
  • Nos rexistros de iluminación pública e de regulación de tráfico.
  • Na vía pública, parques e xardíns.
  • Nos locais, edificios e dependencias de titularidade municipal.
  • Nos sotos, baixos e patios interiores de comunidades de veciños a petición do Concello e por causas xustificadas.
  • Nas concas de ríos.
  • En todos aqueles lugares, locais e zonas, que requiran os técnicos dende o Departamento de Sanidade.

Volver a menú

Desinfección

  • Nos centros educativos responsabilidade do Concello lévase a cabo con periodicidade anual, sendo repetido o servizo ao longo do curso escolar naqueles centros que tecnicamente se decida ben polo estado das súas infraestruturas ou por outras razóns de carácter técnico.
  • Tratamento anti-lexionella, (segundo R.D. 865/2003) como un apartado específico dentro dos procesos de desinfección, que se realizará unha vez ao ano nas instalacións de A.C.S. (Auga Quente Sanitaria). en dependencias educativas de responsabilidade municipal.

Volver a menú

Desinsectación

  • levan a cabo actuacións xenéricas ao longo do ano nos lugares que ditamina o servizo municipal competente. As actuacións en mercados realizaranse sempre en horarios e días que non afecten a atención ao público.

Volver a menú

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión