Concello da Coruña

Concello da Coruña

Depuradora de Bens

A Estación Depuradora de Augas Residuais da Coruña dá servizo a unha poboación de 440.000 habitantes que, xunto cos polígonos industriais da contorna, pode chegar, segundo os técnicos, a acadar os 600.000 habitantes equivalentes.

A auga resultante do proceso de depuración cumpre coas directivas da Unión Europea polo que a calidade das augas é apta tanto para a cría de moluscos como para o baño.

Conta coa tecnoloxía máis avanzada, dispoñendo dunha liña para o aproveitamento enerxético de biogás, conseguíndose así cerrar o ciclo da auga.

Datos administrativo-económicos

  • Explotador: Concello da Coruña
  • Punto de vertedura: Bens
  • Inicio funcionamento: 2010
  • Investimento: 128 millóns de euros (85% Estado, 15% Xunta de Galicia)

Características Técnicas

  • Tipoloxía: depuradora biolóxica mediante lodos activos na modalidade de carga media, con decantación primaria e secundaria lamelar. Conta con dixesión anaerobia e deshidratación mediante centrífuga. Desinfección mediante radiación U.V.
  • Pob. equivalente de deseño (h.e): 600.000
  • Caudal medio de de deseño (m3/d): 210.000
  • Caudal máximo de deseño (m3/h):13.165

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión