Concello da Coruña

Concello da Coruña

Como participar

Quen pode participar no Programa municipal de Educación Ambiental?

Calquera que o desexe, apuntándose previamente.
Seguro que entre a oferta de actividades do programa podes atopar algunha que te satisfaga. Simplemente abonda con que te apuntes para que poidamos axudarche a levala a cabo. Se tes
algunha idea e cres que coa nosa axuda podes realizala, non deixes de comentárnolo.

Volver a menú

Cando?

Proponnos a túa data para calquera das actividades e intentaremos acomodar as túas preferencias no noso calendario.

En ocasións, as inclemencias climatolóxicas ou traballos específicos nas instalacións poden impedir acudir ao lugar elixido. Por iso, pedirémosche o teu contacto para poderte avisar se xorden imprevistos.

Volver a menú

A que hora?

En función da data do ano o horario pode cambiar. Farémosche unha proposta axustada ás túas preferencias cando cerremos contigo a data elixida.

As visitas duran 90 minutos. Despois deste tempo, nalgunhas delas, podemos darche consellos se desexas ampliar o percorrido pola túa conta (por exemplo, no encoro de Cecebre).

Volver a menú

Onde?

Cada destino ten un punto de encontro que (mesmo) podemos cambiar en función do que sexa máis práctico para o teu grupo (por mellor estacionamento, porque veñades andando ou en bicicleta, porque
non coñezades o lugar de encontro, etc.)

Volver a menú

Cantas prazas?

Para calquera saída necesitamos un mínimo de cinco persoas participantes. O máximo fixámolo en trinta para poder ofrecerche o mellor servizo.

Volver a menú

Que prezo ten?

As actividades son gratuítas.

Volver a menú

Como e cando inscribirse?

Cada ano sae a convocatoria oficial na WEB CORUÑA EDUCATIVA. En calquera caso para maior información contacta coa empresa responsable do contrato de educación ambiental en:

correo electrónico: educacionambiental@coruna.es

Teléfono: 981 903 834

 

Tamén podes dirixirte ao Servizo de Medio Ambiemte:

r/Pedro Ferrer s/n

Edificio Casa da auga 5ª planta

15011 A Coruña

Tlf: 981184315

Ext: 60043

Volver a menú

Máis información

É preciso que un responsable de cada grupo nos dea o seu nome, un correo electrónico no que recibir os detalles da visita e un número de teléfono no que poder avisalo se xorde calquera novidade (meteoroloxía, unha urxencia...).

Volver a menú

Material de apoio

Como soporte das actividades, o material de apoio serve para realizar un traballo complementario tanto na aula como nas saídas ao exterior.

Manual do alumno: ofrecerá contidos relativos a cada programa e fichas de traballo para o seguimento das rutas. Baseado en información gráfica facilmente asimilable.

Manual do profesor: cumpre fundamentalmente dúas funcións: ofrecer información suplementaria ao educador para poder solucionar as dúbidas dos alumnos e ser un complemento ás actividades guiadas con alternativas para traballo na aula.

Volver a menú

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión