Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Coruña Sostenible

Área de Economía y Planificación Urbana

Blanco San

Condiciones del servicio

1) Titular:

Eduardo Andrés Blanco Sánchez, SL

B70358148

Prolong. Juan de la Cierva, s/n, nave 8, 15008 A Coruña

Autorización para a  vertedura non canalizada de augas residuais domésticas ou asimilables á EDAR de Bens, con estrita suxeición ás condicións xerais que se recollen a continuación e ao disposto no Decreto 141/2012, do 21 de xuño, polo que se aproba o Regulamento Marco do servizo público de saneamento, e na Ordenanza de verteduras e do servizo municipal de saneamento do Concello de A Coruña, aprobada polo Excelentísimo Concello Pleno en sesión do 11 de xullo de 2013:

1º  O volumen máximo indicado a verter, así como a tipoloxía do vertido indicada serán admitidos na EDAR de Bens, sempre que se garanta o especificado no artigo 18 do Decreto 141/2012, de 21 de xuño, polo que se aproba o Regulamento marco do servizo público de saneamento e depuración de augas residuais de Galicia, en particular o recollido nos seus puntos 3 e 4 no relativo ás características da vertedura e no punto 5 no relativo á organización das descargas.

Así, a aceptación das verteduras non canalizadas quedará supeditada ó cumprimento das limitacións e prohibicións establecidas no citado artigo e á dispoñibilidade do persoal da EDAR, debéndose coordinar con este para establecer os horarios e frecuencias en que é admisible a vertedura.

Como procedemento xeral para a entrega das verteduras non canalizadas na EDAR de Bens, o persoal responsable da explotación da depuradora indicarálle ó responsable da vertedura o punto onde descargar as augas a depurar, sendo o responsable da vertedura non canalizada da conexión e descarga das mesmas.

EDAR BENS, S.A., ou quen ela autorice, poderán recoller cantas mostras crean necesarias das verteduras a realizar, poidendo non aceptar ditas verteduras en caso de comprobar o incumprimento do establecido no Decreto 141/2012, ou sempre que se considere que a vertedura non é compatible coa capacidade da instalación de depuración.

De igual xeito, o responsable da vertedura non canalizada quedará obrigado ó cumprimento estricto do procedemento de coordinación de actividades empresariales vixente en EDAR BENS, S.A., debendo asistir a cantas reunións de coordinación sexa convocado co fin de garantir a correcta coordinación dos traballos coas distintas contratas que se poidan ver afectadas.

Con carácter previo ó inicio das verteduras non canalizadas na EDAR de Bens, o responsable das mesmas deberá acreditar o cumprimento da Lei de Prevención de Riscos Laborais coa entrega da documentación preventiva correspondente, a través da plataforma de xestión que indique EDAR BENS, S.A.

O responsable da vertedura non canalizada quedará obrigado ó cumprimento das normas recollidas na Política de Calidade e Medio Ambiente de EDAR BENS, S.A., que se poden consultar no enlace https://edarbens.es/wp-content/uploads/2018/10/Manual-buenas-pr%C3%A1cticas-ambientales.pdf, na medida en que resulten de aplicación no desenvolvemento da súa actividade, así como a proporcionar evidencias do seu cumprimento, en caso de ser requeridas.

O incumprimento de calquera das obrigas arriba sinaladas facultará a EDAR BENS, SA, a non admitir as verteduras non canalizadas, ata que se subsanen ditos incumprimentos.

2º Esta autorización, que ten carácter intransferible, terá unha duración de OITO ANOS, contados a partir da data do seu outorgamento, e será renovable por idénticos períodos, logo de solicitude, unha vez emitido o informe técnico favorable do Servizo e o informe preceptivo da EDAR BENS, SA, e sen prexuízo da obrigada revisión antes dese prazo nos casos previstos no artigo 19 da Ordenanza.

3º O permiso de vertedura ao sistema revisarase cando se produza algún cambio significativo na composición ou no volume do vertido, cando se alteren substancialmente as circunstancias do momento da súa concesión, ou cando sobreveñan outras que xustificarían a súa denegación ou a súa aprobación en termos diferentes e, en todo caso, cando concorran as circunstancias previstas no artigo 19.2 da Ordenanza.

O anterior, sen prexuízo da potestade do Concello de modificar as condicións do permiso de vertedura nos supostos do artigo 19.3 da Ordenanza, e dos supostos de revogación recollidos no artigo 20 da Ordenanza.

4º O Excelentísimo Concello da Coruña en ningún caso será responsable das obrigas contraídas polos titulares da autorización, nin dos danos ou prexuízos causados por estes a terceiros.5º O titular do permiso de vertedura está suxeito ao rigoroso cumprimento do disposto na Ordenanza de verteduras e do servizo municipal de saneamento do Concello de A Coruña, con especial atención ao artigo 23, en canto ao protocolo a seguir en situacións de emerxencia.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión