Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de decembro de 2018

O xurado do concurso de ideas sobre o bordo litoral selecciona as cinco propostas gañadoras, que se exporán ante a cidadanía “para seguir afondando na definición colectiva da que é a grande oportunidade da cidade”

Os proxectos elixidos son os titulados Porsuporto, Nosfíos, Growing Together, Porto Metropolitano e Ciudad Puerto, que recibirán premios de 25.000 euros e axudarán a conformar un banco de ideas para desenvolver o futuro deseño do bordo litoral

O xurado do concurso de ideas sobre o bordo litoral mantivo esta tarde no Pazo de María Pita a súa última xuntanza. Os proxectos elixidos son Porsuporto (con 67 puntos), Nosfíos (50 puntos), Growing Together (42 puntos), Porto Metrolitano (27 puntos) e Ciudad Puerto (20 puntos). O xurado abriu tamén os sobres que identifican a autoría de cada unha das propostas seleccionadas, unha vez que se resolveu de forma favorable ao criterio do xurado o recurso presentado ante o Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma (Tacgal). Tanto o alcalde, Xulio Ferreiro, como o concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, membros do xurado seleccionado para a elección, abstivéronse da votación final, "de cara a manter a equidistancia e ecuanimidade para con todas as propostas presentadas que agora serán expostas ante a cidadanía para seguir afondando na definición colectiva dun espazo de gran valor patrimonial que constitúe unha gran oportunidade para a cidade a todos os niveis". "Con este concurso pretendiamos enriquecer aínda máis o debate e penso que o conseguimos, xa que o resultado é un banco de ideas heteroxéneo con propostas diversas", comentou o edil.

A valoración dos proxectos fíxose atendendo aos criterios sinalados nas bases e que veñen marcados polas conclusións do foro Tecendo Litoral, como son a integración urbana entre o porto e a cidade --usos, posta en valor do patrimonio, esquemas de ordenación e solucións de conectividade e integración--, a mobilidade e accesibilidade, a sustentabilidade, o modelo económico innovador e a participación cidadá. As cinco propostas gañadoras, que recibirán un premio de 25.000 euros cada unha, serán agora presentadas de maneira pública para poder iniciar a fase de valoración cidadá, que comezará en febreiro. "Os proxectos elixidos, como todos os que se presentaron, son moi heteroxéneos, o que contribúe a incorporar diferentes puntos de vista sobre os usos e funcións respecto dos terreos do bordo litoral e conformar un banco de ideas para seguir concretando e traballando neste proceso de decisión colectiva", apuntou o concelleiro Varela.

Esta última reunión serviu tamén para que o concelleiro fixera balance do concurso, do que considera que "cumpriu con creces os seus obxectivos, que non son outros que implicar ás diferentes institucións, fomentar a participación cidadá e xerar un banco de ideas para o futuro dos terreos portuarios". O xurado estivo composto por profesionais de recoñecido prestixio de ámbitos como a arquitectura, a paisaxe, o urbanismo, a enxeñería, a Universidade da Coruña, representantes de entidades e institucións implicadas no futuro da cidade e membros de todos os grupos da Corporación Municipal. No seu labor contou tamén coa achega, por medio do presidente do xurado -o alcalde-, dun comité asesor integrado por destacados membros da sociedade civil coruñesa. "O concurso permitiu o que non tivemos ata o momento, que foi sentar a persoas representantes de todas as diferentes institucións con algún tipo de vínculo co porto da cidade para falar e debater, sobre propostas concretas, arredor da futura configuracións dos terreos portuarios. As deliberacións do xurado, como se verá nas actas, axudan a seguir enriquecendo o debate", manifestou o titular de Rexeneración Urbana.

Tras a selección das propostas gañadoras abrirase un período de presentacións públicas a cargo das persoas autoras dos proxectos e unha fase na que "se seguirá fomentando a participación cidadá e o debate arredor do bordo litoral, o que afonda na diferencia a como se abordou este asunto tan relevante para a cidade no pasado". A cidadanía poderá votar e decidir cales son as máis interesantes en cada un dos criterios que rexen o concurso. As cinco propostas pasarán a conforman un banco de ideas e teranse en conta na elaboración dos documentos técnicos que se elaboren no futuro.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión