PREMIO PANORAMA CIRCADA 2022 E 12 PREMIOS DO XURADO Guillem Vizcaíno é o CAMPIÓN MUNDIAL DE ESTILO LIBRE DE MANIPULACIÓN DE BUXAINAS.
Para público xuvenil e adulto
Para público en xeral
01/10/2022
Xa rematou
20:00h
45 min
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
ENTRADA: 9,00€ (persoas desempregadas, carné xove e +65 anos: 7,00 €) e abono 3: 21,00 €.
Cousas que debes saber antes de virnos ver:
- Pídese puntualidade. Non se permitirá acceder á sala unha vez que empece a función.
- Todas as persoas que accedan ao auditorio do Ágora deben facelo con entrada.
- Non está permitido entrar á sala con comida nin bebida.
- Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.
E DESPOIS DO ESPECTÁCULO
Se che gustou, compárteo nas redes sociais ou déixanos un comentario no noso correo
IMCE
Fusionar as artes do circo co popular xogo da buxaina e as raíces da cultura mediterránea é o principal obxectivo deste espectáculo de carácter contemporáneo.
"Un personaxe atrapado desde a infancia polo efecto xiroscópico da súa buxaina. Unha viaxe de enredos e xiros que nos transporta ao xogo, un dos estados máis importantes da vida".
A buxaina é un xogo máxico e ancestral cuns xiros hipnóticos que teñen un percorrido de máis de seis mil anos de historia. Este xoguete, camiño da extinción, é capaz de deter o tempo, xa que o simple feito de observar xirar o elemento permítenos illarnos da velocidade que rexe a nosa cotiandade.
FICHA ARTÍSTICA
Idea orixinal, dirección e interpretación: Guillem Vizcaíno
Mirada externa: Tomeu Amer
Deseño de luces: Jaume Miralles
Técnico de son e iluminación: Jaume Miralles
Deseño e creación de buxainas: Guillem Vizcaíno
Escenografía e vestiario: Cía. D'es Tro
Autor musical: Jaume Compte
Fotografía e vídeo: Pablo Caracuel
Produción: Noelia Caurel
EXPOSICIÓN DE BUXAINAS DO MUNDO.- Colección de Luis M. Ramas Ramírez
No vestíbulo do auditorio do Ágora
Buxainas de todos os tamaños, formas, cores e mesmo sabores... buxainas mudas, buxainas que cantan, buxainas escuras, buxainas iluminadas... buxainas antigas, buxainas de onte, buxainas de hoxe, buxainas de sempre... pero que só son buxainas cando ti as bailas.
VENDA DE ENTRADAS:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible