Concello da Coruña

Concello da Coruña

Programa de lecer outono 2022 no Fórum e no Ágora

Obradoiros e actividades de carácter cultural que fomentan a participación activa e o contacto con outras persoas afíns en afeccións e gustos culturais; co obxectivo de dar resposta ás necesidades de gozar do tempo libre, de socialización e de satisfacción por compartir que dan as actividades presenciais en vivo e en directo.

A quen vai dirixido?:

Persoas maiores de idade

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 03/10/2022 ata o 23/12/2022

Inscricións:

Dende o 07/09/2022 ata o 09/09/2022

Duración:

12 semanas

Prezo:

COTA DE INSCRICIÓN:

23 € por obradoiro para as persoas maiores de 65 anos, cumpridos antes do inicio dos obradoiros.

35 € por obradoiro para as persoas menores de 65 anos.

A cota non será devolta no caso de suspensión do programa por confinamento por coronavirus, debido a que os obradoiros continuarían desenvolvéndose "en liña".

Requisitos:

Ser maior de idade.

Organiza:

IMCE

Contacto:

Observacións:

NOTA IMPORTANTE PARA AS PERSOAS USUARIAS DO ÁGORA

Por non chegar a un mínimo de solicitudes, os seguintes obradoiros non se levarán a cabo neste programa de outono:

HISTORIA DA ARTE FOTOGRÁFICA

INICIACIÓN AO BREAKING

OBRADOIRO EXPERIMENTAL

OBRADOIRO DE FLOORWORK E TÉCNICAS DE CHAN

SPRAIATE

O MUNDO DA ANIMACIÓN

UN PASEO POLA ESCURIDADE: OLLADA PANORÁMICA Á LITERATURA GÓTICA

Por un problema da axenda da profesora, o obradoiro ARTE NOS BARRIOS cambia de día. Terá lugar os luns das 17:00 ás 18:30 h.

Documentos:

Programa definitivo Fórum 2022 outono (1 MB)

Programa definitivo Ágora 2022 outono (940 KB)

CONDICIÓNS PARA PARTICIPAR NOS OBRADOIROS

PREINSCRICIÓN: 7, 8 e 9 de setembro.

Formulario de Fórum:

https://forms.gle/cGYkHyw6s57bD5qY6​

Formulario de Ágora:

https://forms.gle/FPkRCPzcNXKXsBJu8

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DE PREINSCRICIÓN: o 12 de setembro, ás 9.00 h, na páxina web municipal (www.coruna.gal ), na de Cultura (www.coruna.gal/cultura) e no servizo telefónico 010.

PRAZO DE RECLAMACIÓNS SOBRE AS LISTAXES DE PREINSCRICIÓN: 13 e 14 de setembro, a través do correo electrónico a forumagora@serviplus.org.

SORTEO PÚBLICO: o xoves 15 de setembro, ás 10.00 h, nas conserxerías de ambas as sedes.

  • NÚMERO RESULTANTE DO SORTEO DE FÓRUM: 1470 
  • NÚMERO RESULTANTE DO SORTEO DE CENTRO ÁGORA: 550 

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DE PRAZAS ADXUDICADAS E DAS LISTAXES DE AGARDA: o luns 19 de setembro, ás 9.00 h, na páxina web municipal e na de Cultura e no servizo telefónico 010.

PAGAMENTO DA COTA: os días 19, 20 e 21 de setembro.

MODO DE PREINSCRICIÓN:

Farase de forma telemática, a través da páxina web www.coruna.gal/cultura. Facilitarase axuda telefónica a través do teléfono 624 195 402 (de 9.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h) no caso do Fórum Metropolitano e a través do teléfono 613 305 903 (de 9.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h) no caso do Ágora, para aquelas persoas que non teñan correo electrónico ou dificultades de acceso a Internet.

  • Iniciarase o día 7 de setembro a partir das 9.00 h e rematará o día 9 de setembro ás 20.00 h.

Todas as inscricións que teñan data de envío anterior ou posterior aos días e horas indicados non serán tramitadas.

  • Poderá inscribirse nun máximo de dous obradoiros. Tendo en  conta que na adxudicación se respectará a orde de preferencia fixada pola persoa solicitante, e esta non poderá ser modificada unha vez que se realice o sorteo.
  • Unha vez que se realice a inscrición recibirá no seu correo electrónico a resposta con todos os datos que apuntou. Comprobe que son correctos e garde a copia como xustificante.
  • No caso de non dispoñer de correo electrónico, poderá consultar os seus datos nas listaxes de preinscrición (que se publicarán o 12 de setembro na páxina web).
  • Nestas mesmas listaxes poderá coñecer o número designado para o sorteo público.

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS ÁS LISTAXES DE AGARDA:

Contactaremos telefonicamente coas persoas das listaxes de agarda para confirmar que continúan interesadas en inscribirse nos obradoiros que solicitaran.

Nunha primeira volta: o día 26 de setembro; e na segunda volta: o día 28 de setembro.

Realizaranse tres intentos de contacto telefónico a diferentes horas do mesmo día. De non se conseguir a comunicación, pasarase á seguinte persoa da listaxe de agarda.

PAGAMENTO DAS PRAZAS ADXUDICADAS DAS LISTAXES DE AGARDA: as da 1.ª volta, o 26 ou 27 de setembro; e as da 2.ª volta, do 28 ou 29 de setembro.

ADXUDICACIÓN DAS PRAZAS VACANTES: a partir do venres 30 de setembro volverá abrirse o formulario de inscrición na web para o público en xeral, e farase O PAGAMENTO do mesmo xeito que o resto, ata esgotarse.

PAGAMENTO DA COTA:

 Do 19 ao 21 de setembro (os tres días incluídos).

A cota correspondente aboarase mediante transferencia á conta núm. ES76 2080 0036 6230 4002 1977. Enviarán o seu comprobante por correo electrónico a forumagora@serviplus.org, xunto co núm. do DNI/NIE, o nome da persoa participante, centro (Fórum ou Ágora) e o/os obradoiro/s aboado/s.

As persoas que teñan dificultades en realizar a transferencia "en liña" o non dispoñan de correo electrónico, poderán realizar o pagamento da cota mediante tarxeta de crédito (ou efectivo), presencialmente no Fórum os días 19 e 20 de setembro, de 16.00 a 20.00 h, ou depositar nas conserxerías unha copia da transferencia bancaria en papel xunto co núm. do DNI/NIE, o nome da persoa participante, e o/os obradoiro/s aboado/s.

 No caso de non se realizar o pagamento nos ditos prazos a praza quedará vacante, e serán chamadas as persoas solicitantes da listaxe de agarda para cubrila.

Se unha vez aboada a cota non fose posible realizar o obradoiro, só se devolverá o seu importe se se cobre a praza con outra persoa solicitante, coa data límite do venres 14 de outubro.

Os obradoiros só se porán en marcha cun mínimo de 12 participantes.

INICIO E REMATE DOS OBRADOIROS:

Comezarán a partir do 3 de outubro e rematarán do 19 ao 23 de decembro, no día e hora que corresponda a cada obradoiro.

Documentos relacionados

  • Números para o sorteo do Forum (201 KB)
  • FORUM - Resultado do sorteo Outono 2022 (312 KB)
  • Números para o sorteo do Ágora (174 KB)
  • ÁGORA - Resultado do sorteo de outono 2022 - 2 (314 KB)
  • Listaxe de prazas libres no Ágora outono 2022 (36 KB)
  • Listaxe de prazas libres no Fórum Metropolitano outono 2022 (73 KB)
Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión