Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Poetas di(n) versos Sjón e Elías Portela

Sobre as táboas do escenario do Auditorio do Ágora terá lugar un encontro poético coas voces de Sjón e Elías Portela.

Cando:

10/04/2017

Este evento xa rematou

Horario:

20.30 h

 

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada libre até completar a capacidade

Documentos:

Programa Poetas di(n)versos abril 2017 (2 MB)

Sjón naceu en Reikiavik en 1962, e é hoxe un renomeado autor islandés cuxos libros teñen visto a luz traducidos ata en trinta e cinco idiomas. Pola súa novela O raposo azul gañou o prestixiosísimo Premio Literario do Consello Nórdico (algo así coma o Cervantes das letras nórdicas) mentres que a súa obra Dende a boca da balea foi nomeada tanto para o IMPAC Dublin Literary Award como para o Independent Foreign Fiction Prize. A súa última novela, Feldespato: O rapaz que nunca foi, foi galardoada co Premio Literario Islandés en 2013. Pero Sjón é tamén poeta, libretista e autor de letras de cancións.

Nado en Cangas do Morrazo en 1981, Elías Portela é poeta e tradutor en galego, islandés e castelán. Traballa co seu alter-ego islandés -Elías Knörr- a modo de autor creacionista, e, a través del, foi escollido un dos tres poetas máis representativos da lírica actual daquel país nórdico pola prestixiosa revista UK Poetry Review, así como presentado pola plataforma oficial MarcaEspaña.es. É autor de: Imaxes na Pel (2009), O mariñeiro con cabalos matutinos baixo o vestido (finalista do Premio Ánxel Casal ao mellor libro de poesía, 2011), Cos Peitos Desenchufados (Premio Xohán de Cangas, 2010) e Bazar de traidores (2015; 2016), que recibiu o XII Premio de Poesía. Afundación no 2014. Conta tamén con dous libros publicados en islandés: Sjóarinn með Morgunhestana undir Kjólnum (2010) e Greitt í liljum (2016).

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión