Concello da Coruña

Concello da Coruña

Tarifas

Tes dúas tarifas dispoñibles para subscribirte ao servizo: Tarifa anual, doce meses, se esperas usala moito durante o ano ou Tarifa de uso ocasional, 30 días, se a usas ocasionalmente.

Ambas as tarifas inclúen a posibilidade de levar bicicletas eléctricas. Consulta o prezo por traxecto ou penalizacións no cadro das tarifas.

Este servizo non está dispoñible para nenos/as menores de 14 anos. As persoas con idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos necesitarán unha autorización asinada polo seu pai, súa nai ou titor/a legal que primeiro deberá enviala ao servizo de atención ao cliente para subscribirse ao servizo. Para consultas sobre o rexistro podes usar a conta de correo electrónico contacto@bicicoruna.gal

Podes consultar as condicións de servizo en .. FAQs e normas

O pago da subscrición non inclúe ningunha viaxe.

Os importes son acumulativos e reinícianse con cada traxecto.

Na subscrición anual, os primeiros 60 min de cada traxecto son gratis, ata o 31 de decembro de 2023.

Subscrición anual Traxectos Bicicleta mecánica Bicicleta eléctrica
40 € / 12 meses De 0-20 min 0 € 0 €
De 20-60 min 0 € 0,01 €/min
A partir de 60 min 5 €/hora ou fracción 5 €/hora ou fracción
Subscrición ocasional Traxectos Bicicleta mecánica Bicicleta eléctrica
10 € / 1 mes De 0-120 min 0,015 €/min 0,030 €/min
A partir de 120 min 5 €/hora ou fracción 5 €/hora ou fracción

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión