Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de novembro de 2013

Accidente mortal na Avda. Pasaxe

Sobre as 11.40 horas, un particular alertou ao servizo de emerxencias de que se produciu unha saída de vía dun coche á altura do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac), na zona das Xubias, e que, como resultado dela, había unha persoa atropelada.

Tras o impacto, o outro peón acabou no interior doutro vehículo estacionado na zona, tras acceder a el polo parabrisas traseiro. Persoal do Chuac alertou tamén dunha "persoa atrapada" no vehículo, que chocaría con outros dous coches, polo que se nos mobilizou para a súa excarceración. Pouco despois, e xa no lugar, confirmamos a presenza dunha persoa localizada no medio da maleza, "que puido saír despedida". Ao lugar, mobilizáronse tamén catro ambulancias, dúas asistenciais e outras dúas medicalizadas. Segundo o 061, o sinistro produciu a morte de dúas persoas e outra resultou ferida, "en principio leve".

O accidente, ao parecer, comezou cunha colisión previa, un Renault Scenic saíu da calzada na curva diante do tanatorio de Servisa, na avenida da Pasaxe, e arroiou os dous peóns, que pasaban pola zona.

Páxina web:

https://www.flickr.com/photos/147588011@N07/sets/72157680189975735/with/32785213686/

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión