Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Certificado de calidade

camión de bombeiros co cuño de calidade ISO 9001:2000

camión de bombeiros

O S.E.I.S. da Coruña obtivo no ano 2003 a certificación de AENOR con respecto á norma UNE-EN-ISO 9001:2008 e UNE-EN-ISO 14001:2004, Sistemas de Xestión de Calidade e Ambiental, coa amplitude de: "Presentación de servizos de emerxencia e non emerxencia no Concello da Coruña".

Desde entón procuramos que todas as nosas actuacións se axusten aos procedementos e protocolos vixentes, onde, tal e como se pode apreciar na "Política de calidade", o fundamental é o procurar un servizo eficiente cos medios dispoñibles e acorde ás necesidades sociais; así como o contacto directo coa cidadanía co fin de coñecer as súas inquietudes e esixencias con respecto a este servizo.

POLÍTICA DO SISTEMA DE XESTIÓN

A Política do S.E.I.S. ten como obxectivo fundamental proporcionarlle á súa cidadanía servizos de calidade que repondan ás esixencias vixentes e mutuamente acordadas, achegando solucións reais a problemas concretos.

A calidade e protección da contorna é un compromiso da entidade e unha responsabilidade individual de cada membro do colectivo, que debe plasmarse en accións concretas que reflictan interna e externamente unha imaxe do S.E.I.S., que se identifique coa profesionalidade e calidade do servizo.

Por iso orientamos as nosas accións para:

  • Controlar constantemente que respondemos en todo momento ás esixencias e expectativas das partes interesadas.
  • Proporcionar os medios adecuados para que todo o persoal poida identificar e eliminar os obstáculos que impidan mellorar a calidade do seu traballo.
  • Considerar a mellora continua da calidade e o medio ambiente un obxectivo permanente, incrementando a calidade percibida pola nosa cidadanía e tomando medidas para previr a contaminación.
  • Avaliar de forma periódica o sistema de xestión de calidade e medio ambiente.
  • Reducir os tempos de resposta nas tramitacións realizadas.
  • Sistematizar procesos, servizos e metodoloxías de actuación.
  • Corrixir aquelas non conformidades que se produzan, pero poñer énfase na prevención para evitar a repetición.
  • Traballar en todo momento dentro da máis estrita ética profesional.
  • Cumprir en todo momento os requisitos legais e regulamentarios vixentes, así como calquera outro requisito que a organización subscriba; entre os que se encontran os relacionados cos nosos aspectos ambientais.
  • Potenciar a formación necesaria para conseguir un persoal de persoal altamente cualificada.
  • Involucrarse na sensibilización da cidadanía en canto a prevención de riscos e seguridade en xeral.

ORGANIZACIÓN

"Como exemplo de organización do S.E.I.S. inclúense de forma literal unhas partes do procedemento Pbom-07.01":

"No Parque de Bombeiros da Coruña, sede do S.E.I.S. encóntrase en todo momento preparado para actuar un Grupo de Profesionais (quenda) constituídos por polo menos:

  • Xefe de servizo, que de forma presencial ou localizable, asume todas as responsabilidades do S.E.I.S.
  • Un oficial e/ou un suboficial que, de forma presencial ou localizable, asume as funcións de xefe do servizo do S.E.I.S. na súa ausencia.
  • Un sarxento, ou na súa falta un cabo, que leva a cabo a función de xefe de quenda.
  • Un cabo que supervisa as tarefas diarias de mantemento e actúa normalmente co xefe de saída.
  • O persoal mínimo que diariamente está de forma presencial na quenda, en condicións normais, é de 11 bombeiros, que levan a cabo os labores de mantemento e formación planificadas (véxase procedemento Pbom-06.01 "Formación" e PAbom-07.07.01 "Protocolo de inspección de equipos e vehículos"). Deste número, polo menos dous, serán Bombeiros condutores.

Todo o persoal de garda está en todo momento en predisposición de saída ante unha actuación de emerxencia, sexan cales sexan os labores que lles foran encomendados e estean a realizar.

Calquera ausencia do Parque de Bombeiros, por parte do persoal, seralle notificada ao xefe de quenda, así como calquera circunstancia que implique a non operatividade dalgún membro do persoal e/ou material.

A ausencia de calquera membro do persoal de quenda do Parque, así como a súa non operatividade, ten que ser suplida, nas súas funcións, por algún compañeiro (comunícaselle igualmente ao xefe de quenda).

Ante unha actuación de emerxencia, todo o persoal de garda deixará os traballos que estea a realizar para equiparse co seu E.P.I. e ocupar o seu lugar correspondente segundo o protocolo para seguir (véxase Protocolo de actuación correspondente segundo o tipo de servizo).

O persoal de garda que non formou parte da dotación do Tren de saída permanecerá atenta en situación de alerta, por se fose necesario en calquera momento a súa presenza nela e outras actuacións".

"Ante unha chamada de emerxencia o Operador do CECO actúa accionando a alarma e facilitando os primeiros datos por megafonía tal como se especifíca no procedemento Pbom-07.02 "Recepción de chamadas de petición de servizo".

"Tanto o xefe de saída (normalmente un cabo) como os bombeiros que integrarán a Dotación do tren de saída diríxense de forma inmediata cara aos vehículos.

O xefe de quenda decidirá tanto os vehículos que integrarán o Tren como o número de integrantes da dotación, todo iso dependerá do tipo de servizo que se vaia realizar e especifícase claramente en cada un dos Protocolos de actuación.

Os bombeiros que formen parte da Dotación equiparanse co seu equipo de protección individual (E.P.I.) de acordo co tipo de actuación que se vaia realizar.

Así mesmo o/os bombeiro/s condutor/es, conxuntamente co xefe de saída, que formen parte da dotación serán os responsables de facer unha primeira avaliación da ruta máis curta cara ao lugar da incidencia. Os bombeiros-condutores que formen parte dun mesmo Tren de saída procurarán que os seus vehículos non se afasten, para non romper o Tren".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión