14 de outubro de 2012
A Torre de Control Marítimo infórmanos dun veleiro a pique na zona do Aquarium Finisterrae.
Tras a triste noticia de Velicky e os policías nacionais, o corpo de bombeiros toma a decisión de crear un grupo de rescate acuático operativo. Esta intervención podemos considerala como a primeira deste grupo (GRA).
Recibimos unha chamada da Torre de Control Marítimo que teñen constancia dun veleiro a pique na zona do Aquarium. Inmediatamente desprázase persoal do grupo. Tras analizar a situación, e ver a cantidade de utensilios e cabos que hai ao redor do barco, deciden mergullarse para ver a posibilidade de vida das persoas accidentadas. Só lles serviu para constatar a morte do único tripulante que ía a bordo.
https://www.flickr.com/photos/147588011@N07/sets/72157680187402355
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible