8 de xaneiro de 2016
Ás 12.50 horas recíbese unha chamada do 112 na que se solicita a nosa presenza na zona.
Dúas dotacións saíron do parque da Coruña para apoiar os nosos compañeiros do parque comarcal de Arteixo e Betanzos, ademais dos operarios de Gas Natural Galicia.
Como consecuencia da fuga de gas, evacuouse por precaución un edificio de 24 vivendas, o centro de saúde, o supermercado adxacente e o conservatorio do Burgo.
As fortes choivas caídas polo temporal provocaron que a zona onde estaban situados os depósitos de gas se enchese de auga e provocaron que un dos depósitos soterrados flotase e rompese a válvula de saída de gas. O tanque afectado tiña almacenados uns 4.700 litros de propano. Os seus dous irmáns almacenaban 9.500 litros cada un deles, pero estes non foron afectados.
A nosa intervención baseouse en controlar a fuga e protexer a zona e finaliza a intervención catro horas despois.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible