Concello da Coruña

Concello da Coruña

Prevención. Que facemos?

  • Informes técnicos e inspeccións
  • Plans de autoprotección
  • Simulacros
  • Xestión de hidrantes
  • Investigación de incendios
  • Formación para a prevención de incendios
  • Campañas de educación infantil

Departamento de Prevención

Desde o S.E.I.S. da Coruña preténdese concienciar e desenvolver a prevención de incendios; para iso e en función da nosa experiencia están a abarcarse actividades relacionadas como:

INFORMES TÉCNICOS E INSPECCIÓNS

Un informe técnico de seguridade é a exposición por escrito das circunstancias observadas no exame da seguridade contra incendios, con explicacións detalladas que documenten o dito.

Trátase dunha exposición de datos ou feitos dirixidos a alguén, respecto das condicións de seguridade contra incendios, e ao que convén facer del. É, noutras palabras, un documento que describe o estado da seguridade contra incendios. Dentro dese estado de seguridade contra incendios trátase de recoller (na medida do posible) condicións de: propagación interior e exterior, evacuación, medios de protección contra incendios e accesibilidade dos servizos de emerxencia exterior.

Desde este servizo préstase apoio consultivo de maneira técnica a outros organismos municipais como licenzas, infraestruturas, edificación, cultura etc.

solicitude informe técnico

PLANS DE AUTOPROTECCIÓN

Un plan de autoprotección é un documento "vivo" que recolle a información necesaria para a actuación nunha emerxencia; así como a análise dos riscos, a adopción de medidas preventivas e a integración e colaboración cos equipos de emerxencia exterior.

Desde o S.E.I.S. encargámonos da elaboración dos plans de autoprotección propios do concello en eventos e espectáculos ao aire libre, así como a validación e supervisión dos plans de autoprotección dos edificios ou establecementos que precisen licenza municipal.

Como regra xeral calquera actividade con ocupación superior a 2000 persoas ou altura de evacuación descendente superior a 28 metros, necesitarán un plan de autoprotección.

Desde o departamento de prevención informarase de dúbidas respecto destes aspectos.

- O departamento tambien poderá propoñer unha prevención operativa, que é a correspondente á nosa participación en eventos con capacidades moi grandes (espectáculos, concertos...) ou ben con riscos especiais (presenza de materiais inflamables, detonantes...).

SIMULACROS

Os simulacros serven como unha ferramenta de comprobación dos protocolos de actuación en caso dunha emerxencia.

Todos os simulacros deberán comunicarse ao S.E.I.S. cun mínimo de 15 días de antelación, mediante a  solicitude oficial . Nesta comunicación poderase solicitar a participación do S.E.I.S. (que determinará o seu interese na devandita participación).

Na comunicación deberá constar, como mínimo de:

  • Día e hora
  • Persoa de contacto
  • Teléfono
  • Espazo para ocupar
  • Núm. de participantes aproximadas/os.

E irá dirixida a:

Área de Seguridade Cidadá

Departamento de Prevención de Incendios

Para calquera consulta sobre simulacros:

HIDRANTES

ANTECEDENTES

A finais de 2012, por mor dun incendio e da falta de información sobre a situación e o estado dos hidrantes para cargar auga, xorde a necesidade de actualizar o inventario da rede de hidrantes da cidade desde o departamento de Prevención.

Tomando como base o inventario de 2011 no que se recollían 470 hidrantes, a día de hoxe, setembro de 2016, temos inventariados 695 hidrantes. Dun bo número deles descoñeciamos a súa situación e, por conseguinte, o seu estado, e outros eran de nova instalación. Todo este traballo foi posible grazas á colaboración do Departamento de Infraestruturas do Concello da Coruña e do Servizo Municipal de Augas (EMALCSA).

Unha vez concluído parte do inventario e, debido ao estado no que estaban os hidrantes, tomouse a decisión de asumir desde o Departamento de Prevención, o mantemento e a revisión da rede de hidrantes por parte de Bombeiros, labor que ata ese momento era "realizada" por unha empresa externa ao concello.

Desde ese momento estivemos traballando nesta tarefa dunha maneira máis estrita e controlada para un maior seguimento de localización, mantemento e rexistro de hidrantes e dispoñer así dun mellor servizo e efectividade no noso traballo. Actualmente tres bombeiros cualificados e con ampla experiencia, levan a cabo esta función, tanto na rúa como na oficina.

INSPECCIÓN E REXISTRO

A idea inicial do proxecto non só trataba de obter información actual e anual de cada hidrante, senón tamén que o acceso a esa información fose inmediato e de fácil acceso con cobertura de internet e, o máis importante, gratuíto.

Utilizando as opcións do buscador Google, creáronse mapas cos 10 distritos da cidade e dentro de cada distrito sinalouse a situación de cada hidrante engadindo a información referente a: distrito e número de hidrante, enderezo, presión estática e dinámica, tipo de hidrante e bocas de conexión, anomalías, data de revisión, observacións, unha ligazón a unha vista "in situ", estanquidade...

VALORACIÓNS

Tendo en conta os resultados e a experiencia acumulada nestes anos, comprobamos o moito que nos poden axudar as novas tecnoloxías, na rapidez á hora de localizar un hidrante operativo en caso de emerxencia.

Así mesmo, comprobamos que os hidrantes aéreos teñen un maior custo de mantemento, ben por actos vandálicos, envellecemento prematuro, deterioración estética e/ou funcional, por esta razón desde este departamento reformulámonos a súa idoneidade e decidiuse que nas próximas reposicións instalaranse hidrantes de arqueta, que teñen unha maior durabilidade e á súa vez non son obstáculos para as persoas. De todos os xeitos, en lugares moi puntuais, como polígonos, a instalación seguirá sendo hidrante aéreo, dado que os de arqueta poden verse afectados á hora da súa localización ou utilización por aparcadoiro indebido de vehículos.

Estes problemas solucionaranse proximamente coa instalación de sinais verticais normalizados para unha mellor localización das arquetas.

FUTURO

Debido á cantidade de marcas e modelos de hidrantes que durante décadas se foron instalando por toda a cidade, trasladamos a necesidade dunha ordenanza municipal específica para que todas as instalacións novas e reposicións que se realicen sexan exactamente iguais, valorando enormemente o grande esforzo económico que supón para o noso concello realizar esta tarefa.

Está constatado que o uso das tecnoloxías é de vital importancia para un acceso rápido, fácil e económico á información sobre a rede de hidrantes e, non é de estrañar que nun futuro non moi afastado, aparezan sistemas que nos permitan coñecer en tempo real as condicións de operatividade dos hidrantes das nosas cidades.

INVESTIGACIÓN

Desde o Departamento de Prevención realízanse os informes de investigación de incendios dos que, ben pola súa magnitude ou polas súas consecuencias moi graves, sexa interesante o seu estudo.

CAMPAÑAS DE EDUCACIÓN INFANTIL (COLEXIOS)

visita colexios

Normativa

Documentos relacionados

  • Ordenanza municipal de prevención contra incendios (A Coruña)
  • Decreto 171/2010 sobre plans de autoprotección en Galicia (54 KB)
  • Orde do 27 febreiro 2012 pola que se crea o rexistro electrónico de plans de autoprotección en Galicia e regúlase o seu procedemento (56 KB)
  • CTE-DB SI
  • RIPCI (48 KB)
  • RSCIEI (Regulamento de Seguridade Contra Incendios nos Establecementos Industriais) (2 MB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión