Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Memoria anual 2023

O servizo de bombeiros segue, un ano máis, coa súa tarefa de Servizo Público en garantir a seguridade dos cidadáns alí onde son requiridos, xa que as súas actuacións non se circunscriben só ao ámbito municipal da Coruña, senón que tamén son requiridos por municipios limítrofes a colaborar cos seus servizos de seguridade e emerxencia, co apoio deste goberno municipal. Así se poden destacar as 9 veces que se actuou en Arteixo.

As tarefas que o servizo de bombeiros realiza son moi diversas e cada vez máis especializadas, sendo punteiro o noso servizo, non só en Galicia senón en España con unidades como a Prevención, onde temos a primeira ordenanza contra incendios de Galicia, ou mantendo a rede de hidrantes da cidade operativa, nun traballo permanente de mellora continua; traballos estes que non se ven, pero que sen eles, cando cheguen as intervencións, veríanse mermadas e difíciles de controlar.

Quero felicitar especialmente o labor que desempeñaron todos e cada un dos membros do colectivo, xa que redobraron os seus esforzos nas súas tarefas habituais, seguindo uns protocolos moi estritos tanto no traballo de parque, como nas intervencións.

Neste ano 2023, no que xa se vai camiñando como un ano de normalidade, o servizo de bombeiros realizou un ano mais, (nese ámbito tan importante como é o da prevención), a Semana da Prevención, con 10 actuacións e 225 horas dedicadas , a pesar do mal tempo que tivemos este ano ,no transcurso da semana da prevención.

Como sempre o grupo de rescate acuático prepárase durante todo o ano, para chegar no menor tempo posible en calquera lugar do noso litoral para axudar a quen o necesite. Tamén co seu labor de prevención nas alertas por temporal, vixiando as nosas costas. Dedicándolle 70 horas a labores de intervención.

Nesta memoria do ano 2023 alcanzáronse as 1.901 intervencións fronte a las 1.923 do ano 2022.

Non só é importante o número de intervencións, que dá un reflexo do esforzo dos nosos bombeiros, senón que ademais téntase facer un traballo con calidade, chegando pronto aos sinistros cunha media do 81,95% en chegar ao sinistro en menos de 12 minutos, desde que se recibe a chamada ata estar non lugar do sinistro, e en menos de 5 minutos nun 16,43 % , manténdonos nos niveis doutros anos. Iso amosa o compromiso por un traballo pola calidade e a mellora continua coa que está comprometido o concello e o servizo de Bombeiros.

Tamén é importante o que se tarda en solucionar o problema ao cidadán, e así, en menos de 30 minutos, solucionáronse 459 intervencións, a gran maioría delas Urxentes, continuando na media dos últimos anos.

Pero se todo o devandito é importante e destaca o seu labor, non menos importante é o labor que realizan en prevención, superando as cifras dos últimos anos e dedicando un total de 4.582 horas. En reténs de seguridade no ano 2023 realizáronse 133 reténs, por 121 no ano 2022. Tamén nos informes técnicos, que foron 130 dedicando 750 horas a prevención fronte os 103 no ano 2022, e 618 horas.

O Concello segue apostando por este servizo e así un ano máis superará o millón de euros en investimentos e 400.000 en mantementos e gastos propios do servizo, tendo como obxectivo seguir sendo un dos mellores parques de Galicia, e no que atinxe ás cidades da nosa categoría, en toda España.

Con estes datos, pódese dicir que o ano 2023 foi un ano que seguiu a ser especial para o Servizo de Bombeiros, que se adapta perfectamente ás circunstancias e a sociedade que nos toca vivir.

Quero terminar agradecendo o demostrado compromiso e vocación de todos os compoñentes do seu persoal. Con isto sei que podo trasladar en nome da cidade da Coruña o noso maior agradecemento ó Servizo de Bombeiros e o noso total apoio polo labor que realiza.

Monserrat Paz Romero

Concelleira de actuación cidadá e Seguridade Cidadá

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión