Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de agosto de 2015

Incendio na rúa Olmos

Sobre as 01.45 horas recíbense varias chamadas de fume intenso na rúa Olmos, procedente das súas galerías comerciais.

Á nosa chegada había momento de pánico, xa que as chamas impedían a saída da veciñanza á rúa. Os labores de extinción prolongáronse durante máis de catro horas e media.

Unha persoa tivo que ser trasladada ao Hospital da Coruña por intoxicación e tres máis foron atendidas no punto. Antes da nosa chegada, varios mozos auxiliaron un neno, que estaba acompañado da súa nai, e con problemas para saír do inmoble. A nai foi rescatada posteriormente. En total, foron desaloxadas cinco persoas. A persoa que tivo que ser hospitalizada encontrábase estable no momento de finalizar o traballo.

Todo apunta a que o lume se orixinou no cadro eléctrico do edificio. O inmoble non presentaba danos estruturais de importancia. A veciñanza do inmoble tivo que ser reacollida.

Páxina web:

https://www.flickr.com/photos/147588011@N07/sets/72157678382174171

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión