16 de febreiro de 2016
Pasadas as 3.30 horas da madrugada recibimos chamada do 112 na que se solicita colaboración nun incendio no polígono de Sabón -Arteixo-, concretamente nunhas naves de almacenaxe.
Unha dotación desprazouse de inmediato ao lugar. Tras facer unha primeira valoración e observar que só se vía unha gran fumareda, decídese elevar a autoescaleira e coa axuda dunha cámara térmica, ver onde pode estar o punto crítico. Obsérvase que o lume estase propagando por debaixo da cuberta e procédese a acoutalo para que non afecte as naves lindeiras. Á súa vez, 2 equipos atacan polos laterais, intentando abrirse paso por encima do cereal. Non se tarda en chegar ao punto exacto do incendio, pero a forte radiación de calor fixo que prendese no cereal, o que complicou a extinción. Finalmente regrésase ao parque cos primeiros raios do día.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible