Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Carreira 5k | Coruña 21

5K da C21

Nesta páxina poderá consultar toda a información sobre a carreira de 5 quilómetros que terá lugar de xeito paralelo a Coruña 21

PERCORRIDO

O circuíto publicarase de xeito previo á realización da proba na web de inscricións www.carreriasgalegas.com e no portal web municipal www.coruna.gal/carreiraspopulares

INSCRICIÓN

Inscrición en liña: 

A través da pasarela de pago inserida na páxina web da Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com. Estará operativa desde a publicación deste regulamento ata as 23.59 horas do domingo 22 de febreiro de 2026.

Cota e prazos de inscrición:

  • Prazo ordinario: ata o domingo 8 de febreiro de 2026: 5 €
  • 2.º prazo: desde o luns 9 de febreiro ata o venres 20 de febreiro de 2026: 8 €
  • Prazo extraordinario/en liña: sábado 21 de febreiro e domingo 22 de febreiro de 2026: 10 €

Inscrición presencial: 

En El Corte Inglés, rúa Ramón y Cajal 57, 15006, no horario comercial do centro.

Cota e prazos de inscrición:

  • Prazo ordinario: desde o luns 12 de xaneiro de 2026 ata o sábado 7 de febreiro de 2026: 5 €
  • 2.º prazo: desde o luns 9 de febreiro ata o venres 20 de febreiro de 2026: 8 €

Categorias:

  • Sub 16: nadas/os en 2011 e 2012
  • Sub 18: nadas/os en 2009 e 2010
  • Sénior/Máster: nadas/os en 2008 e anteriores
  • Atletas con discapacidade*: nadas/os en 2008 e anos anteriores
    • Establécense tres categorías para atletas con discapacidade:
      • Atletas en cadeira de rodas: que non teñan mecanismos nin engrenaxes que axuden á impulsión destas. Tan só está permitido o impulso cos brazos sobre o aro adherido á roda. Non está permitida a participación en handbike.
      • Persoa con discapacidade visual
      • Persoa con discapacidade intelectual

No momento da inscrición débenlle comunicar esta circunstancia á organización, así como se desexan entrar na clasificación de atletas con discapacidade. No caso de non indicalo figurarán na  táboa xeral de tempos.

Para acreditar a pertenza a algunha destas categorías deberá ser remitida, dentro do prazo de inscrición da proba, unha copia da tarxeta acreditativa de discapacidade á organización, concretamente, ao correo electrónico info@carreirasgalegas.com.

Devolución da cota de inscrición

Devolverase a cota de inscrición na súa totalidade, só no caso de lesión e/ou enfermidade, sempre e cando se presente un xustificante no que non aparezan datos de saúde, con polo menos 10 días de antelación a celebración da proba, enviando un correo electrónico a  info@carreirasgalegas.com.

Se non se envía o antedito informe, non se realizará ningún reembolso. Para outros casos xustificados, a organización avaliará se se devolve a cota.

SERVIZOS

Ofreceranse os mesmos servizos que na C21 a todos os participantes para garantir a máxima satisfacción dos corredores antes, durante e despois da competición, que se disputará o próximo 1 de marzo.

Pode consultar todos os servizos na páxina especifica:  Servicios al corredor

ENTREGA DE TROFEOS - 5K

Outorgaránselles os trofeos no palco da entrega de premios ás tres primeiras persoas clasificadas das categorías sub 16, sub 18 e Absoluta. 

Informarase do horario da entrega de trofeos a través do portal web municipal,  www.coruna.gal/carreiraspopulares, e das páxinas web www.atletismo.gal e www.carreirasgalegas.com

As/os atletas deberanse situar na zona próxima á entrega de trofeos no momento no que pola megafonía se faga o anuncio do seu comezo, así como estaren pendentes da chamada a cada unha das categorías (masculina e feminina).

Con carácter xeral, as/os atletas que non se presenten no momento da entrega do seu trofeo, perderán o dereito a recollelo.

Exclusivamente poderán subir ao podio as persoas nomeadas.

Non se lle entregará o trofeo a ninguén que non sexa a/o propia/o atleta.

Agradecémoslles ás persoas responsables dos clubs que teñan constancia de que a/o atleta non está presente que o comuniquen na zona do palco de entrega de trofeos o antes posible para evitar esperas innecesarias.

REGULAMENTO

Pode consultalo na seguinte ligazón:

Documentos relacionados

  • Carreira 5K da C21 2026 - REGULAMENTO ESPECÍFICO (1 MB)

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión