Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Categorias

masculino e feminino ano de nacemento
Sub20 Nadas/os en 2001 e 2002
Sub 23 Nacidas/os en 1998, 1999 e 2000
Sénior Nadas/os desde 1997 ata veteranos
Máster 1 35 a 39 anos cumpridos no día da proba
Máster 2 40 a 44 anos cumpridos no día da proba
Máster 3 45 a 49 anos cumpridos no día da proba
Máster 4 50 a 54 anos cumpridos no día da proba
Máster 5 55 a 59 anos cumpridos no día da proba
Máster 6 60 a 64 anos cumpridos no día da proba
Máster 7 A partir de 65 anos cumpridos ata no día da proba
Atletas con discapacidade* Nadas/os en 2002 e anos anteriores

*Atletas con discapacidade: establécense tres categorías para atletas con discapacidade:

  1. Atletas en cadeira de rodas que non teñan mecanismos nin engrenaxes que axuden á súa impulsión. Tan só está permitido o impulso cos brazos sobre o aro adherido á roda. Non se permite bicicleta de man ou handbike.
  2. Discapacidades visuais
  3. Discapacidades intelectuais

No momento da inscrición débenlle comunicar esta circunstancia á organización. Para acreditar a pertenza a algunha destas categorías hai que enviar copia da tarxeta acreditativa da discapacidade á organización, de forma que quede acreditado o envío, ao correo electrónico secretaria@atletismo.gal.

Permitirase un máximo de 2 guías para os atletas con discapacidade visual. Debe comunicarse previamente ante a Federación Galega de Atletismo o uso de guías co fin de comunicar o punto quilométrico exacto onde se deben situar os guías.

A participación de guías, que irán sen chip, será gratuíta, para o que deberán contactar coa organización a través do correo electrónico secretaria@atletismo.gal.

Para optar a trofeo na categoría de atletas con discapacidade é necesario inscribirse nesa categoría.

Categorías, horarios e distancias carreiras de menores

categoría ano de nacemento horarios* distancia
Sub18 Nadas/os nos anos 2003/2004 11:35 2.600 m aprox.
Sub16 Nadas/os nos anos 2005/2006 11:55 2.600 m aprox.
Sub14 feminino Nacidas nos anos 2007/2008 12:15 1.600 m aprox.
Sub 14 masculino Nacidos nos anos 2007/2008 12:25 1.600 m aprox.
Sub 12 feminino Nacidas nos anos 2009/2010 12:35 800 m aprox.
Sub12 masculino Nacidos nos anos 2009/2010 12:45 800 m aprox.
Sub10 feminino Nacidas nos anos 2011/20012 12:55 800 m aprox.
Sub10 masculino Nacidos nos anos 2011/20012 13:05 800 m aprox.
Prebenxamín Nadas/os anos 2013/2014/2015 13:15 120 m aprox.

*Estes horarios son orientativos e poden sufrir alteracións en función do número de participantes.

Os pais, nais ou titoras/es das/os menores con discapacidade que desexen inscribilas/os nalgunha das categorías deberán comunicar na Federación Galega de Atletismo, a través do correo electrónico secretaria@atletismo.gal ,o tipo de discapacidade e as necesidades persoais de cada nena/o.

Permitirase que un neno ou nena discapacitado/a participe nunha categoría distinta á que lle corresponde por idade, coa condición de que esta circunstancia estea solicitada previamente. Ao mesmo tempo, permitiráselle calquera tipo de axuda tanto material como persoal para realizar o percorrido pero a dita axuda débelle ser comunicada previamente á FGA.

O resultado de cada unha das categorías será publicado ao finalizar a carreira, coa excepción das/os nenos/as que participen na categoría de Peques que non teñen chip.

Cada nena/o aparecerá na clasificación da categoría na que participase, non na que se inscribiu inicialmente.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión