Carreiras de menores nos seguintes horarios, categorías e distancias
As inscricións (gratuítas) realizaranse ata o venres 25 de setembro (fin do prazo de inscrición ordinario):
A través do formulario de páxina web da Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com
Non se admitirá ningún/a corredor/a sen estar inscrito/a e sen o dorsal correspondente co chip incorporado
| Categoría | Horario* | Ano de nacemento | Distancia |
| Sub-18 | 11:45 | Nados/as nos anos 2009/2010 | 2.500 m. aprox. |
| Sub-16 | 12:00 | Nados/as nos anos 2011/2012 | 2.500 m. aprox. |
| Sub-14 Feminino | 12:15 | Nadas nos anos 2013/2014 | 1.425 m. aprox. |
| Sub-14 Masculino | 12:30 | Nacidos nos anos 2013/2014 | 1.425 m. aprox. |
| Sub-12 Feminino | 12:45 | Nadas nos anos 2015/2016 | 845 m. aprox. |
| Sub-12 Masculino | 12:55 | Nacidos nos anos 2015/2016 | 845 m. aprox |
| Sub-10 Feminino | 13:05 | Nadas nos anos 2017/2018 | 845 m. aprox. |
| Sub-10 Masculino | 13:15 | Nacidos nos anos 2017/2018 | 845 m. aprox. |
| Peques | 13:25 | Nados/as nos anos 2019 e posteriores | 150 m. aprox. |
*Os horarios son aproximados, dependerán do volume de participantes de cada categoría. A organización pode facer variar carreiras en cada idade.
Atletas con discapacidade: Establécense tres categorías para atletas con discapacidade, que poderán participar na categoría de menores que lles corresponda. No caso de necesitar algún tipo de adaptación na distancia para percorrer deben solicitalo ao correo electrónico info@carreirasgalegas.com.
No momento da inscrición deben comunicar esta circunstancia á organización, así como deséxanse entrar na clasificación de atletas con discapacidade. No caso de non indicalo, figurarán na táboa xeral de tempos.
Para acreditar a pertenza a algunha destas categorías hai que enviarlle unha copia do cartón acreditativo de discapacidade á organización, de forma que quede acreditado o envío, ao correo electrónico info@carreirasgalegas.com.
As persoas participantes con discapacidade visual ou intelectual farán constar os apoios que necesitan para participar na carreira nas mellores condicións posibles. Permitirase unha persoa guía para os e as atletas con discapacidade visual. O uso de guías, ou no caso de participantes con discapacidade intelectual de atletas de apoio, debe comunicárselle con antelación á Federación Galega de Atletismo.
A participación das persoas guías e das persoas de apoio, que irán sen chip, será gratuíto, para o que deberán contactar coa organización a través do correo electrónico info@carreirasgalegas.com.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible