Fotografía aérea do Templo Fálico e a entrada sueste á croa, entre as que se atopa o burato da fonte.
Auga fresca no poboado
Ademais do pozo ou alxibe, o castro de Elviña contaba cun segundo sistema de abastecemento de auga no interior do poboado. Tamén na primeira terraza, entre o templo fálico e a rampla de acceso á acrópole, atópase unha fonte de auga que parece estar cuberta antigamente.
No interior atopamos un podio pegado a unha das paredes, que serviría de asento, ao resgardo das inclemencias meteorolóxicas.
Ten unha estrutura triangular: unha das paredes construíuse picando a rocha, e as outras dúas con muros de mampostería.
Burato da fonte e restos da súa cimentación
A garita do sentinela?
Tradicionalmente coñecíase esta estrutura como a garita do sentinela, aínda que este nome non se corresponde coa súa función real.
Tras as escavacións realizadas polo arqueólogo José María Luengo, creuse que dada a súa proximidade a un dos torreóns da entrada sueste da acrópole, podería ser parte do sistema defensivo como recinto no que se resgardaría algún dos vixiantes do corpo de garda. Nas seguintes escavacións descartouse esta posibilidade ao descubrirse que se atopaba permanentemente alagada de auga, polo que se ten bastante certeza de que a súa función era a de ser punto fundamental de abastecemento de auga nesta zona do castro.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible