Conservación, recuperación e difusión
A partir de 2002 o Concello da Coruña e o Museo Arqueolóxico do Castelo de San Antón poñen en marcha o Proxecto Artabria, centrado na conservación, recuperación e difusión do xacemento de Elviña, que seguía as liñas sentadas polo Plan Director.
Entre 2002 e 2009 realízanse actuacións de corte, roza e limpeza de maleza, prospeccións eléctricas, magnéticas e electromagnéticas por parte do equipo da cátedra de Xeofísica da Universidade de Vigo, e inícianse os traballos de recuperación das estruturas escavadas de antigo.
Tamén se abren novas áreas de escavación, dedicadas nesta primeira campaña ao estudo das estruturas de delimitación de espazos dentro do castro. Realízase un estudo detallado dos materiais atopados e un exhaustivo rexistro estratigráfico, que define as relacións temporais e construtivas entre os estratos, as estruturas do hábitat e as murallas.
Entre 2013 e 2015 realízanse novas propostas de intervención do Concello enfocadas á conservación, recuperación e difusión do castro, e ademais conséguese a retirada da torre eléctrica de alta tensión que estaba situada na acrópole do xacemento.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible