Concello da Coruña

Concello da Coruña

1. TALLER DE GESTION DE CONFLITOS 1 e 2

Trata de favorecer nos/as alumnos/as as habilidades e recursos necesarios para xestionar os conflitos de forma construtiva, desde o diálogo e a cooperación, fomentando hábitos de vida saudables. Desenvólvese en colaboración con ADAFAD (asociación de axuda a familiares de drogodependentes). Dirixido a alumnos de 3º e 4º de ESO.

2. TALLER DE HABILIDADES SOCIAIS 1 e 2

Diríxese ao alumnado que cursa 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria, co obxectivo de fortalecer as súas habilidades sociais e fomentar hábitos saudables. Desenvólvese en colaboración con ADAFAD (Asociación de axuda a familiares de drogodependentes).

3. TALLER “TODOS CONTAMOS 1: Prevención do consumo de drogas” e “TODOS CONTAMOS 2: Surfeando as drogas”

Preténdese dotar aos participantes das ferramentas necesarias para enfrontarse á situación de consumo e tomar decisións de forma exitosa, así como evitar posibles situacións de risco asociadas. Foméntase o pensamento crítico e proporciónase información obxectiva sobre as drogas máis consumidas, infórmase sobre os posibles riscos asociados ao seu consumo, traballarse sobre os mitos ao redor do consumo de drogas, e favorécese a toma de decisións baseada en información obxectiva e o respecto ás decisións persoais.

Está dirixido ao alumnado de 3º (Prevención do consumo de drogas” e 4º de ESO (“Surfeando as drogas”) e desenvólvese en colaboración con ACLAD, Asociación Cidadá de Loita Contra a Droga.

4. TALLER DE PREVENCIÓN CONSUMO DE ALCOL E TABACO

Taller destinado a previr o inicio do consumo de sustancias legais (alcol e tabaco) en alumnos de 6º de Educación Primaria traballando competencias sociais e os factores protectores, facendo unha análise práctico dos riscos do seu consumo, a través dunha metodoloxía experimental e lúdica.

5. TALLER ¿A QUE TREN SÓBESCHE?

Ten por obxecto dotar de información ao alumnado de 1º de ESO sobre o consumo de tabaco e alcol, reforzando as crenzas e actitudes positivas como factores de protección fronte ao uso destas sustancias.

6. TALLER DE PREVENCIÓN DO USO INADECUADO DE REDES SOCIAIS

Preténdese previr o uso inadecuado das redes sociais polos mozos e transmitir normas básicas no manexo de internet para previr riscos na súa utilización. Está dirixido a alumnado de 1º de ESO

7. TALLER INFORMATIVO DE PREVENCIÓN NO USO DAS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E XOGOS EN LIÑA INTERACTIVOS

Os mozos son usuarios avanzados de internet, teléfonos móbiles, videoxogos, xogos interactivos…, o uso inadecuado destes instrumentos expón aos menores a certos riscos, chegando en ocasións á dependencia. Con este taller preténdese informar destes riscos e crear estratexias para evitalos. Realízase en colaboración cos técnicos de AGALURE (Asociación de ludópatas rehabilitados). Está dirixido a alumnos de 3º e 4º de ESO.

8. MATERIAIS DIDÁCTICOS PARA A PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS

Implantación, en centros educativos, dos materiais didácticos sobre prevención de drogodependencias, adaptados a todas as etapas educativas (infantil, primaria e secundaria). Son Unidades Didácticas que inclúen o tema das drogodependencias no curriculum escolar e que traballan, de forma voluntaria, os profesores de cada materia directamente co alumnado. Estes materiais están elaborados e editados pola Consellería de Sanidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión