Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
As drogas non constitúen unha realidade única, senón que están caracterizadas por unha notable diversidade.
A principal característica que todas as drogas comparten coñécese como psicoactividade e fai referencia á capacidade destas sustancias para chegar ao cerebro e modificar o seu funcionamento habitual.
Atendendo ao seu principal efecto sobre o cerebro humano, podemos falar de:
Drogas depresoras do sistema nervioso central:
Sustancias que teñen en común a súa capacidade para entorpecer o funcionamento habitual do cerebro, provocando reaccións que poden ir dende a desinhibición ata o coma, nun proceso progresivo de adormecemento cerebral. As máis importantes deste grupo son: alcol, opiáceos (heroína, morfina, metadona...), tranquilizantes (pastillas para calmar a ansiedade) e hipnóticos (pastillas para durmir).
Drogas estimulantes do sistema nervioso central:
Grupo de sustancias que aceleran o funcionamento habitual do cerebro, provocando un estado de activación que pode ir dende unha maior dificultade para durmir tras o consumo de café, ata un estado de hiperactividade tras o consumo de cocaína ou anfetaminas. Neste grupo, destacan: estimulantes maiores (anfetaminas e cocaína), estimulantes menores (nicotina), xantinas (cafeína).
Drogas perturbadoras do sistema nervioso central:
Sustancias que trastornan o funcionamento do cerebro, dando lugar a distorsións perceptivas, alucinacións, etc. Neste grupo están: alucinóxenos (LSD, mescalina...), derivados do cannabis (marihuana, haxix...), drogas de síntese (éxtase...)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible