Concello da Coruña

Concello da Coruña

Paixón por Galicia

A Orquestra Gaos cumpre 15 anos e para celebralo contan con dous clarinetistas excepcionais.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

13/05/2024

Horario:

20.30 horas

Enderezo:

Teatro Colón. Avda. de la Marina 7 A. 15003 A Coruña

Prezo:

  • Platea + Palcos: 12,00 €
  • Principal: 10,00 €
  • 1.ª fila de principal (visibilidade reducida): 8,00 €

Prezo con desconto (que desconto e que colectivos): desconto do 20% para Carné Xove, > 65 anos ou persoas desempregadas / desconto do 25% para familia numerosa.

NORMAS DE ACCESO AO RECINTO

  • Todas as persoas que accedan ao recinto no que terá lugar o concerto deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan ou de ocupar ou non butaca.
  • Non se admiten cambios nin devolucións das entradas.
  • Non está permitido entrar ao recinto no que terá lugar o concerto con comida nin bebida, excepto auga.
  • Están reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual dos concertos programados. Non se permite sacar fotos nin gravar antes, durante, nin ao finalizar o espectáculo, sen a autorización da organización.
  • Unha vez que comece o concerto non se permitirá acceder á sala.

RECOMÉNDASE:

Actuar con responsabilidade.

Televenda:

Ataquilla.com

Páxina web:

https://orquestagaos.es/

Organiza:

Asociación Cultural Orquestra GAOS

Contacto:

teatrocolon@coruna.gal

PROGRAMA

- Concerto para dous clarinetes op.35 de F. Krommer. (Juan Ferrer e Álvaro Ferrer, clarinetes)

- Sinfonía núm. 2 "Nas montañas de Galicia" de A. Gaos

Juan Ferrer, solista da OSG e o seu fillo Álvaro Ferrer, solista da GAOS, ofrecerannos o concerto para 2 clarinetes op. 35 de Krommer. Para completar o programa ofrecerannos a Sinfonía núm. 2 de Andrés Gaos, composta cando o compositor coruñés estaba vivindo en Buenos Aires, co sobretítulo "Nas montañas de Galicia" e que é, en definitiva, unha viaxe ás nosas raíces, baixo o prisma do emigrante cun gran sentimento de morriña.

VENDA DE LOCALIDADES

  • Venda en liña: ataquilla.com
  • Venda no despacho de billetes do Teatro Colón: unicamente o día do concerto desde 2 h antes do inicio
  • Venda no despacho de billetes da praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) das 11.00 ás 15.00 e das 16.30 ás 19.30 h

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión