Concello da Coruña

Concello da Coruña

50 ANIVERSARIO DA INAUGURACIÓN DO MUSEO ARQUEOLÓXICO E HISTÓRICO DO CASTELO DE SAN ANTÓN

Actividades conmemorativas

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 05/10/2018 ata o 07/10/2018

Xa rematou

Enderezo:

Castelo de San Antón. Paseo Alcalde Francisco Vázquez 2. 15001 A Coruña

Xornada de portas abertas con entrada gratuíta os días 5, 6 e 7 de outubro.

Apertura nocturna ata as 00:00 h. o sábado día 6 de outubro.

1. Visitas guiadas

Percorrido guiado polo Castelo de San Antón e as distintas seccións do Museo Arqueolóxico e Histórico.

Sábado 6 ás 17:00 e 22:00 h.

Domingo 7 ás 12:00 h.                  

Duración aprox.: 1,25 h

Público: adulto

Prazas: 30

Condicións:  o grupo reunirase na entrada do Museo 5 minutos antes do inicio da visita, ata completar aforo.

2. Obradoiros de arqueoloxía en familia:  

Sábado 6 e domingo 7 de outubro ás  12:00 h.

Duración aprox.: 2 h.

Público: de 5 a 12 anos

Prazas: 25 por sesión

Apertura da inscrición: mércores 26 de setembro. Por orde de chamada ata completar prazas no Museo Arqueolóxico: 981 189 850 (de martes a sábado de 10:00 a 20:00 h.)

Prezo: gratuíto

  2.1. Obradoiro de arqueoloxía. Sábado 6: "Cerámica prehistórica: o campaniforme"

Actividade práctica para familias na que nenos e pais descubrirán a vida e costumes dos homes e mulleres da prehistoria, e coñecerán as técnicas, formas e decoracións da olería deste período, para logo elaborar coas súas propias mans un cunco de cerámica  campaniforme.

2.2. Obradoiro de arqueoloxía. Domingo 7:  "Os tecidos"

Tras unha explicación sobre o nacemento e a evolución dos tecidos dende a época prehistórica ata a época romana, as nenas e nenos, acompañados dos seus pais, farán o seu propio tecido utilizando un tear artesanal.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión