Concerto de Cristina Branco e banda no Festival Sons do estío na FoliAgra.
Para público en xeral
28/06/2026
19:30 h
70 min
Auditorio do Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
de balde
Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán "Agra"
agra@galizacultura.gal
A nova edición do Festival Sons do Estío do programa Agra no Ágora intégrase un ano máis na programación da FoliAgra, a festa do barrio da Agra do Orzán, para convidarnos ao concerto "Cando o fado soa libre" de Cristina Branco e banda.
Cristina Branco é unha fadista imprescindíbel da música portuguesa: renova o fado desde o respecto profundo á tradición, incorporando novas sonoridades e unha interpretación íntima e poderosa. A súa voz clara e expresiva convídanos a unha viaxe pola saudade, a poesía e a emoción compartida.
Cada concerto é un encontro próximo, unha experiencia musical que conecta co público desde a verdade e a elegancia, facendo do fado unha linguaxe viva e actual.
O festival Sons do Estío, como todas as actividades do programa "Agra no Ágora" son de acceso libre e gratuíto; o programa está financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación veciñal Agra.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible