A cargo de Martin Pawley, da Agrupación Astronómica Coruñeses Ío
Para público en xeral
29/12/2025
Ás 19.30 horas
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
Agrupación Astronómica Coruñesa Ío en colaboración con Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
Con motivo da eclipse de sol que terá lugar o 12 de agosto de 2026, Martin Pawley fará un repaso por unha pequena colección de películas nas que está presente a ocultación do Sol pola Lúa, con exemplos tan grandiosos como o desafío técnico que supuxo filmar con cámaras de cinema unha eclipse real no clásico «Barrabás».
Martin Pawley é crítico e programador de cinema, ademais de coordinador dos grupos de traballo sobre contaminación luminica e diversidade da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible