Ciclo de artes escénicas para familias con espectáculos en pequeno e mediano formato. Ciclo que conta coa colaboración de AGADIC.
Para público en xeral
Dende o 14/02/2026 ata o 30/05/2026
18.00 h
Auditorio do Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Prezo: 6,00 €
Abono 3 (3 localidades para a mesma función): 15,00 €
Menores de 3 anos: 2,00 €
NORMAS DE ACCESO AO RECINTO
Pídese puntualidade. Unha vez que comece o espectáculo non se permitirá acceder á sala nin se garante se se abandona a sala durante o espectáculo.
Todas as persoas que accedan ao auditorio deben facelo con entrada, independentemente da idade que teñan e de ocuparen ou non butaca.
Non está permitido comer na sala. Non está permitido entrar no auditorio con comida nin bebida (excepto auga).
Non está permitido sacar fotos nin gravar durante a función.
Apaguen os móbiles antes de que comece a representación. O son e a luz molestan o resto do público e as/os artistas.
Co obxectivo de cumprir a normativa de evacuación, non se permitirá acceder á sala cos cochiños de bebés, que se deberán deixar nos lugares habilitados para iso.
Recoméndase consultar as idades dos espectáculos. En calquera caso as/os menores deben estar acompañadas/os por unha persoa adulta.
Polas súas características especiais, algún dos espectáculos pode ter capacidade reducida.
Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE)
forummetropolitano@coruna.gal
14 febreiro
PUM! PUM! QUEN HAI?
Autoría: Ártika
Compañia: Ártika
Público: + 4 anos
28 febreiro
CARNAVAL ANIMAL
Autoría: Patricia Toral, Chantal Franco, Blanca del Barrio
Compañía: Luz, micro y punto
Público: + 4 anos
28 marzo
BERENGUELA NA GAIIOLA
Autoría e dirección: Paula Carballeira
Compañía: Galeatro e Xarope Tulú
Público: + 5 anos
25 abril
TEATRO DE PAPEL
Idea orixinal: Rauxa Cía
Compañía: Rauxa Cía
Público: + 5 anos
16 maio
AS PALABRAS PERDIDAS
Autoría e dirección: Bea Campos
Compañía: Inventi Teatro
Público: + 4 anos
30 maio
MR. BO
Autoría e dirección: Jokin Oregi
Compañía: Marie de Jongh
Público: + 4 anos
VENDA DE ENTRADAS:
- Pza. de Ourense, de luns a venres (excepto festivos) de 11.00 h a 15.00 h e de 16.30 h a 19.30 h
- Despacho de billetes Forum Metropolitano: día de función desde 1 hora antes, a condición de que queden entradas dispoñibles.
- Venda en liña: www.ataquilla.com
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible